InicioPolíticaAbel Caballero acusa a Xunta de "enganar" a Afaga por ofrecerlle un...

Abel Caballero acusa a Xunta de “enganar” a Afaga por ofrecerlle un local que é municipal

A Xunta mantén a súa oferta e lamenta que o alcalde queira deixalos "sen local".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este xoves a Xunta de “mentir” e “enganar” á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga), aos que ofreceu a cesión dun local que, en realidade, é de titularidade municipal.

Así o trasladou o rexedor en referencia ao anuncio feito polo vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda e pola delegada da Xunta, Corina Porro. Tras reunirse cos responsables de Afaga, Rueda e Porro anunciaron que os locais de Rivera Atienza que actualmente ocupa a Policía Autonómica serán cedidos a esta entidade, cando a unidade policial trasládese á súa nova localización, na futura Cidade da Xustiza.

“Dixéronlle a Afaga que cando a Policía Autonómica se cambie cederíanlle o actual local… Mágoa que ese edificio é municipal, non é autonómico”, proclamou Abel Caballero.

O alcalde lembrou que esas instalacións son propiedade municipal e que, en virtude dun convenio asinado a finais dos 90, cedéronse á Policía Autonómica. En canto a Policía as abandone, incidiu, estas reverterán de inmediato ao Concello.

De feito, puntualizou Caballero, o local xa tiña que retornar ao Concello “hai 10 anos”. “E estámoslles permitindo que estean gratuitamente”, engadiu o rexedor olívico, que atribuíu a oferta do goberno galego á súa “campaña electoral permanente”.

“A súa ansia electoral é tal que ofrecen edificios que non son deles. Isto é un engano, están a mentir a Afaga por razóns electorais (…), son as montaxes da Xunta enganando á xente”, sentenciou o alcalde de Vigo.

RESPOSTA DA XUNTA

A Xunta  reiterou este xoves a súa oferta de ceder a Afaga o local que actualmente ocupa a Policía Autonómica en Rivera Atienza.

O Goberno galego saíu así ao paso das declaracións do alcalde, lamentou que este “pretenda deixar sen local” a esta asociación e lembrou que as instalacións de Rivera Atienza son a sede da Policía Autonómica desde hai máis de 20 anos. Así mesmo, segundo consta nos “informes” de que dispón o Goberno galego, este local pode destinarse “a outro uso dentro do ámbito competencial autonómico”, como pode ser a cesión a fundacións e asociacións.

Por todo iso, quixo reafirmar o seu “compromiso co tecido asociativo de Vigo” e a súa decisión de ceder o local a Afaga, aínda que o alcalde “pretenda torpedear unha nova iniciativa da Xunta” na cidade olívica, neste caso, “á conta de deixar sen sede” esta entidade sen ánimo de lucro.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...