InicioPolíticaFeijóo volve a atacar a Caballero e di que "só sabe dar...

Feijóo volve a atacar a Caballero e di que “só sabe dar a nota” e “intoxicar” a política

"É un político frívolo e político espectáculo. Iso acredita o nivelazo político dese concello", asegurou.

PUBLICADO O

O alumeado de Nadal da cidade olívica e a recente polémica entre os alcaldes socialistas de Vigo e de Santiago, Abel Caballero e Xosé Sánchez Bugallo, servíronlle este xoves a Alberto Núñez Feijóo para volver atacar duramente ao rexedor vigués: “só sabe dar a nota e iso parece o eixo vertebrador da súa política”, espetoulle.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo cualificou a Caballero de “político frívolo e político espectáculo”. “Iso acredita o nivelazo político dese concello”, asegurou.

De feito, e tras a polémica por se é máis importante o Camiño de Santiago ou as luces de Nadal de Vigo, Feijóo foi contundente. “Entrar a comparar iso é tan absurdo que non vou a entrar nin a comentalo”, indicou. “Óxala que o Nadal de Vigo sexa un éxito e tamén o de toda Galicia e que tamén o Xacobeo sexa un éxito, a pesar dese rexidor”, dixo en alusión a Abel Caballero.

OS SINAIS DO CAMIÑO

Previamente, o presidente da Xunta criticara duramente a Caballero sen citalo ao referirse a que todos os concellos de Galicia, Portugal e España “aceptan os sinais do Camiño, menos un”. “Un menos un”, que repetiu ata en catro ocasións.

“Eu estou pola política da colaboración e non pola política da intoxicación”, engadiu. Foi entón cando Xornal de Vigo lle preguntou se está colaborando co Concello vigués en solventar os problemas xurdidos tras o desaloxo de varios veciños e os problemas detectados en varias vivendas adxacentes ás obras do futuro albergue de Vigo.

ALBERGUE DE VIGO

Neste sentido, Feijóo suliñou que as obras estanse facendo segundo os plans previstos. “Pero se hai dificultades pois estanse seguindo os criterios marcados“, engadiu. Previamente, quixo deixar claro que ese tipo de obras fanse en Vigo porque o 90% do financiamento é da Xunta e só o 10% restante do Concello.

A este respecto, a Consellería de Cultura aclarou, posteriormente a Xornal de Vigo, que “hai semanas” que se lle ofreceu aos propietarios de Berbés 9 (un dos edificios lindeiros) a adquisición da propiedade por parte do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90% pola Xunta e un 10% polo Concello de Vigo. “Un ofrecemento que se lles reiterou este mércores na reunión técnica que se celebrou na Delegación da Xunta en Vigo precisamente para abordar as medidas de seguridade a adoptar tras os desprendementos”, engadiron estas fontes.

En canto a Peñasco 5, o inmoble no que se produciron os desprendementos, Cultura indicou que mostrou á propiedade a súa disposición de adquirir o edificio. “En ambos os casos o ofrecemento está feito e de forma reiterada”, suliñaron.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...