InicioVigo e contornaO PorriñoO BNG xa está no Goberno do Porriño

O BNG xa está no Goberno do Porriño

Pedro Pereira e Cami Moreira incorpóranse ao equipo de goberno, despois de que o pasado 15 de outubro a agrupación municipal do PSOE asinase un acordo de coalición cos nacionalistas.

PUBLICADO O

Dous concelleiros do Bloque Nacionalista Galego (BNG) incorporáronse desde este luns ao Goberno local do Porriño, despois de que o pasado 15 de outubro a agrupación municipal do PSOE asinase un acordo de goberno de coalición cos nacionalistas.

Desta maneira, Pedro Pereira e Cami Moreira realizaron este luns nas dependencias municipais os diversos trámites previos de papelorio para a súa incorporación ao goberno municipal que “xa é efectiva”.

Tal como dita o pacto, a partir de agora Pedro Pereira, ademais de asumir as competencias de Urbanismo, Infraestruturas, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas, será o primeiro tenente de alcalde; mentres que Lourdes Moure, portavoz socialista, ocupará a segunda tenencia de alcaldía.

Pola súa banda, Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística. Por todo iso, este martes a alcaldesa, Eva García, presidirá unha primeira reunión de traballo cos tres concelleiros socialistas e os dous nacionalistas.

“O acordo que asinamos pon en común un proxecto compartido para desenvolver políticas de urbanismo, infraestruturas, servizos sociais e noutros ámbitos da xestión do concello”, valorou García, quen ponderou “a transparencia que se vai a achegar na acción municipal outorgando máis delegacións e, por tanto, maior importancia aos acordos que adoptará a xunta de goberno”.

Todo iso despois de que nas eleccións municipais do pasado 26 de maio, o PP quedou ás portas da maioría absoluta con oito concelleiros, mentres que o PSOE obtivo catro representantes, o BNG dous edís, Son en Común outros dous e UDDL un concelleiro, polo que a través dun acordo de investidura, os socialistas se fixeron coa institución, contando cos apoios de todos os grupos da corporación menos cos ‘populares’.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...