InicioPolíticaProposta do Parlamento para construir a autovía Vigo-Porriño

Proposta do Parlamento para construir a autovía Vigo-Porriño

O grupo Popular lembrou que esta autovía era "un compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy" que prevía un investimento de 337 millóns de euros.

PUBLICADO O

O Parlamento galego sacou adiante unha proposta para demandar ao Ministerio de Fomento a construción dunha nova autovía entre Vigo e O Porriño, xa que “é unha infraestrutura estratéxica” para conectar Vigo con Ourense, cara a Madrid pola A-52 e coa fronteira portuguesa pola A-55.

Así o explicou a deputada popular Teresa Egerique, encargada de expor esta Proposición Non de Lei para incluír nun Plan extraordinario de investimentos nas estradas ou pola vía orzamentaria.

O grupo Popular lembrou que esta autovía era “un compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy” que prevía un investimento de 337 millóns de euros para construír os 10 quilómetros de estrada.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...