PSOE e PP empatarían a escanos en Pontevedra, segundo as enquisas

Enquisa de GAD3 para a Forta e TVE
As primeiras enquisas a pé de urna confirman o que xa apuntaban os estudos demoscópicos da pasada semana e o que xa avanzou o Galicia Confidencial esta fin de semanaa caída de PSOE e Podemos e a suba de PP e Vox.
En Pontevedra, dos seis escanos en xogo, seis repartirianse entre o PP e o PSOE a partes iguais. Deste xeito, os populares gañarían a acta que perde Ciudadanos. Pola súa banda, En Común Unidas Podemos mantería o seu escano.
En Galicia a situación sería semellante tanén a de hai sete meses, coa diferenza de que hai un escano en xogo que podería ir, ou ben para a ultradereita de Vox, ou ben para o BNG. Así, un inquérito de GAD3 para a Forta e TVE apunta a un empate a dez escanos entre PP e PSOE, En Común Unidas Podemos mantería os seus dous e Vox e o BNG competirían por unha acta. Cs, pola súa banda, afundirase en Galicia.
A enquisa de Sondaxe para La Vox repite os mesmos resultados coa salvedade de que neste estudo demoscópico o deputado que perde o PSOE en Galicia iría para Vox e non para o BNG.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here