InicioPolíticaO BNG lamenta a "gravísima crise industrial" da comarca de Vigo e...

O BNG lamenta a “gravísima crise industrial” da comarca de Vigo e a “precarización” laboral

O concelleiro nacionalista Xabier P. Igrexas destacou o "compromiso firme" do Bloque de representar no Congreso dos Deputados a Galicia para "tombar" a reforma laboral, a reforma da negociación colectiva, así como a reforma das pensións.

PUBLICADO O

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou este venres a “gravísima situación de crise industrial” que, ao seu xuízo, vive a cidade de Vigo e a súa comarca e puxo o foco na “desertización” da base produtiva da cidade olívica, cunha “continua destrución de postos de traballo” e unha “precarización” das condicións laborais.

Así o sinalou Igrexas nun audio difundido aos medios polos nacionalistas despois de reunirse coa executiva comarcal de Vigo da Confederación Intersindical Galega (CIG), a quen lles trasladou o apoio do BNG á manifestación convocada o próximo 30 de outubro baixo a lema ‘SOS Vigo. Polo futuro industrial da comarca’.

Xabier P. Igrexas destacou o “compromiso firme” do Bloque de representar no Congreso dos Deputados a Galicia para “tombar” a reforma laboral, a reforma da negociación colectiva, así como a reforma das pensións. Tamén para que se declare “sector estratéxico” a construción naval galega e que se garanta a produción mediante a intervención pública directa.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...