Ciudadanos avanza que formará unha nova xunta directiva en Vigo tras o 10N

Nela estará "parte desa xente" que esta semana dimitiu, asegura Beatriz Pino.

Gregorio García e Beatriz Pino / @grego_garcia en Twitter.

A cabeza de lista de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino, preguntada nunha entrevista a Radio Nacional sobre a dimisión de catro do sete membros da directiva do partido en Vigo ocorrida esta semana, descartou que sexa unha polémica “que se teña que ocultar”, xa que se trata simplemente de “unha pedra no camiño”.

Con todo, quixo puntualizar que o primeiro en formalizar a súa marcha foi o coordinador, Gregorio García, polo que, salvo neste caso, o resto das persoas “deciden dar un paso atrás por discrepancias absolutas” con el e tamén por “motivos persoais”.

En calquera caso, avanzou que o partido formará unha nova xunta directiva en Vigo tras as eleccións do 10 de abril na que estará incluída “parte desa xente que se foi”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here