InicioPolíticaMarea de Vigo acudirá ao Valedor se o alcalde non lles entrega...

Marea de Vigo acudirá ao Valedor se o alcalde non lles entrega o plan de seguridade do carril bici

"Dito plan ten que ser previo ao proxecto de obra, polo que a súa inexistencia constituiría unha grave irregularidade" din desde o grupo municipal.

PUBLICADO O

Marea de Vigo ameazou este martes con acudir ao Valedor do Pobo se o goberno local da cidade olívica, presidido por Abel Caballero, non lles entrega o plan de seguridade do carril bici antes do 31 de outubro.

“O carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para este tipo de vías, pero a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas pola que transita supón un serio risco para os usuarios, vioandantes e condutores de transporte público colectivo e taxistas, xa que o carril transita, de forma inexplicable, paralelo á liña do Vitrasa, co evidente risco de impacto entre as bicicletas e vehículos de gran tonelaxe como son os autobuses”, lamentou o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Neste sentido, Pérez esixiu nun comunicado que as cuestións de seguridade “estean sempre presentes” nas actuacións que implican mobilidade e actuacións en vía pública.

“Dito plan ten que ser previo ao proxecto de obra, polo que a súa inexistencia constituiría unha grave irregularidade. Solicitámolo hai un mes e aínda non tivemos resposta, esperamos que non sexa porque efectivamente non existe, xa que suporía un grave incumprimento legal”, sentenciou Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...