InicioPolítica(Vídeos) O PP de Vigo reármase e presume de unidade e fortaleza...

(Vídeos) O PP de Vigo reármase e presume de unidade e fortaleza tras a volta de Javier Guerra

O ex conselleiro di que chega con ganas de traballar co obxectivo de "abrir o partido á cidade e a outros colectivos que queiran participar.

PUBLICADO O

“O PP de Vigo está agora máis unido que nunca”. Así definiu a presidenta da xestora dos populares vigueses a situación deste partido logo do batacazo electoral das locais e da volta do exconselleiro Javier Guerra, que concorrerá como candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra nas eleccións do 10-N.

A presidenta da xestora, Corina Porro, proclamou que neste momento o PP de Vigo está “máis forte que nunca” ao reunir a “todas as sensibilidades” do partido, o que o fai “máis rico e plural”, e cuxo único obxectivo, asegurou, é estar ao servizo da cidade e dos seus habitantes.

Porro agradeceu a Javier Guerra, quen mantivo contactos coa dirección de Ciudadanos, que entendese que chegou o momento de “estar aquí para este servizo”, e recalcou que o exconselleiro de Economía “sempre foi un gran servidor de Vigo, desde as distintas responsabilidades” que asumiu.

SEN DATA PARA O CONGRESO LOCAL

“Unha vez máis, imos estar todos xuntos mirando ao futuro con ilusión e cun obxectivo claro, facer novas incorporacións”, proclamou a presidenta da xestora do PP vigués. Preguntada cando se celebrará o congreso local no que se elixa á nova directiva, Corina Porro contestou que “de momento, non”.

Agora temos unhas eleccións enriba e son momentos de centrarse noutros obxectivos“, admitiu Porro, quen imaxina que despois das autonómicas en Galicia “será o momento”, pero iso é algo que tampouco o teño que decidir eu, non me toca”, destacou. A presidenta da xestora indicou que a prioridade nestes momentos é “afianzar” o traballo deste catro meses e “volver conectar cos cidadáns”, e engadiu: “que menos que un ano”.

A xestora do PP de Vigo conta con 40 membros e dividirá o seu traballo en catro grupos: dinamización territorial, estratexia electoral, comunicación e participación e estratexia local.

GUERRA: “TODOS TEMOS QUE ESTAR”

Javier Guerra coincidiu con Corina Porro en que a xestora do PP de Vigo é “ampla” e nela están “todos os que queremos e debemos estar”. O obxectivo, dixo, é “abrir o partido á cidade e a outros colectivos que queiran participar”, e agradeceu a Porro a confianza depositada nel, a mesma que cando lle deu responsabilidades no goberno local no que foi “un tempo marabilloso, de cambio para a cidade”.

Preguntado polas súas discrepancias coa dirección e pola candidatura que liderou no último congreso local, o de 2016, no que perdeu por escasa marxe contra a de Elena Muñoz, contestou que “as circunstancias cambian”. Pero tamén resaltou que andou buscando estes días “no baúl dos recordos” e reparou en que é o afiliado 7.074 do partido, ao que se ligou desde os 17 anos.

Sempre estiven no partido, apoiando, hai moitísimas formas de apoiar (…) desde distintas sensibilidades, opinións”, recalcou Guerra, quen garantiu que se se busca na hemeroteca “non poderán atopar nin unha declaración fóra de ton, de crítica” que se lle atribúa.

Javier Guerra asumiu o seu parte de responsabilidade na difícil coexistencia de diferentes sensibilidades no PP de Vigo, pero “agora é outro momento, un momento diferente”, de “arrimar o ombreiro, mirar adiante e pór todo da nosa parte para recuperar a ilusión”. Preguntado por se se ve como candidato do PP de Vigo nas próximas eleccións municipais, indicou que “o que pensaría -chegado o caso-, non o sei”.

“O que pensei é que é o momento para botar unha man, empuxar todos na mesma dirección“, cunhas xerais e unhas autonómicas á vista. “Non hai máis formulacións”, resolveu

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...