InicioPolíticaA Xunta alerta dos problemas cos accesos ao IFEVI mentres se compromete...

A Xunta alerta dos problemas cos accesos ao IFEVI mentres se compromete coa súa ampliación

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, insistiu en que "os tempos son moi xustos" para as datas ampliación e que o goberno galego está a realizar un "esforzo" para acurtalos o máis posible.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, reafirmou este mércores o compromiso do Goberno galego coa ampliación “urxente” do Ifevi, que crecerá 5.000 metros cadrados, pero alertou do problema que xa na actualidade o recinto ten nos seus accesos.

Así, nunha rolda de prensa despois de reunirse co presidente de Conxemar, José Luís Freire, Porro detallou os “pasos a seguir” para que “no menor tempo posible” a ampliación do Instituto Feiral de Vigo sexa unha realidade, tras ser anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na inauguración de Conxemar hai uns días.

Neste sentido, informou de que este mesmo xoves o padroado do Ifevi reunirase de forma extraordinaria para aprobar a ampliación do recinto, tras o que se encargará a redacción do proxecto básico. A partir de aí, xa se poderá aplicar a lei para “casos urxentes e de excepcional interese”, que ten un percorrido de cinco meses para realizar os trámites.

Todo isto, tal como lembrou Corina Porro, despois de que os responsables de Conxemar trasladasen a urxencia de ampliar o Ifevi debido á intención da Seafood de celebrar o seu salón en 2021 en Barcelona.

Preguntada sobre se a ampliación podería estar acabada antes desa data, Porro insistiu en que “os tempos son moi xustos” e que a Xunta está a realizar un “esforzo” para acurtalos o máis posible. “Non se pode asegurar (unha data) sen ter os terreos a disposición, nin o proxecto… É máis, sería dicir algo que non é certo”, indicou a delegada da Xunta na cidade olívica.

Tal como indicou Corina Porro este mércores, na ampliación, que custará case catro millóns de euros, “todo” será pago pola Xunta, mentres que o proxecto será pago polo Ifevi, “que pertence un 90% á Xunta”, e o Concello de Vigo será o encargado de expropiar os terreos que poidan ser necesarios.

“A Xunta de Galicia vai cumprir co seu compromiso da ampliación do Ifevi. Xa o está facendo desde o minuto cero da inauguración de Conxemar e da forma máis áxil“, apostilou.

CONCELLO

Aínda que avogou pola “cordialidade”, alertou dos “insuficientes” accesos ao recinto feiral de Vigo “cando hai un gran evento”, polo que pediu ao Concello que “sexa capaz de pór en marcha o necesario” para solucionar este problema.

“Unha gran feira necesita uns accesos que a propia organización tamén pediu. Todos temos que estar a traballar na mesma dirección”, subliñou Corina Porro ante os medios.

Pola súa banda, noutra rolda de prensa, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que é “viable e posible” que a ampliación do Ifevi estea acabada en 2020 “se a Xunta se pon” a iso. Así, mostrou a súa “preocupación” porque, ao seu xuízo, Feijóo “non comprometeu velocidade”.

“O Concello garante a súa actuación, o pago do que lle corresponde e os tempos. Dou un día de prazo para cada trámite. Cada trámite neste concello durará un día. Se a Xunta fai o mesmo estaremos en tempo, senón non estaremos. É unha cuestión de importancia capital nesta cidade”, sentenciou Caballero este mércores.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...