InicioPolíticaAbel Caballero acusa a Xunta de "inventarse" o atraso na licitación do...

Abel Caballero acusa a Xunta de “inventarse” o atraso na licitación do estudo sobre o abastecemento de auga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que non existe o atraso denunciado pola Xunta na licitación do estudo sobre o abastecemento de auga á cidade, e que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil publicará a licitación o vindeiro xoves.

O rexedor incidiu en que o proxecto vai “perfectamente en prazo”, e lembrou que será cofinanciado por Concello, Ministerio de Transición Ecolóxica e Xunta. “Eu quixen que o Concello estea aí, sen ter obriga, porque quero vixiar á Xunta, non me fío”, apuntou o alcalde.

Segundo denunciou, o Goberno galego (que advertiu de que a licitación do estudo se atrasara, e obrigará a tramitar unha addenda ao actual convenio) “dedícase a inventar atrasos, cando non hai ningún”, e faino para “ocultar” o feito de que non cumpriu as súas obrigas con respecto ao abastecemento de auga á área viguesa.

Así, o rexedor olívico incidiu en que, desde 2011 en que el mesmo advertiu dos problemas, o Goberno galego “non fixo nada”, “non moveu un só papel” para facer o transvasamento de emerxencia e, por contra, aumentou o caudal ecolóxico que chega á presa de Eiras.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...