InicioPolíticaRajoy vende a xestión de Feijóo e os proxectos do PP en...

Rajoy vende a xestión de Feijóo e os proxectos do PP en Vigo

O presidente español, Mariano Rajoy, destaca as iniciativas e compromisos do seu goberno coa cidade diante dos empresarios.

PUBLICADO O

O presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, eloxiou este luns as políticas económicas da Xunta de Núñez Feijóo, e tamén todas as iniciativas e proxectos que o seu executivo está poñendo en marcha en Vigo e en toda a súa área metropolitana.

Unha reivindicación do traballo do PP que Rajoy fixo na inauguración da Asemblea Xeral do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, na que tamén participaron a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o presidente da FEMP e alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, entre outras autoridades.

Así, destacou os “compromisos” do seu Executivo coa área de Vigo, e enumerou alguns dos proxectos xa realizados, así como actuacións previstas. Entre eles, a ampliación do aeroporto de Peinador, a construción da estación da AVE en Urzáiz, a posta en marcha da nova depuradora, ou a ampliación da autoestrada na ponte de Rande, unha “obra histórica para Vigo realizada en plena crise”.  Unha obra moi criticada polos rexedores da área precisamente porque, logo de meses inaugurada, segue cortada por obras.

OBRAS NO SUR DE PONTEVEDRA

Tamén se referiu á futura continuación da autovía A-52 entre O Porriño e Vigo, cun investimento previsto de 337 millóns de euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Estradas; e afirmou que o Goberno seguirá “traballando para impulsar a tramitación para mellorar a conexión de AVE entre Vigo e Cerdedo”.

O presidente español tamén tentou vender os proxectos de Feijóo e dixo que “as cousas marchan ben” en Galicia, unha comunidade que foi “modelo á hora de controlar o déficit público”, e que ten “uns datos macroeconómicos excelentes”. Esta situación, dixo, desembocou no primeiro trimestre de 2018 nun “crecemento superior ao resto do país”, que permite, segundo o presidente do Goberno, un “optimismo realista” e afirmar que a comunidade galega ten “un futuro fagueiro”.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...