InicioPolíticaO BNG de Vigo critica a "opacidade" sobre o novo prego de...

O BNG de Vigo critica a “opacidade” sobre o novo prego de bus urbano e pide “participación e transparencia”

PUBLICADO O

O BNG de Vigo denunciou este xoves a “opacidade” coa que se está elaborando o novo prego para a concesión do servizo de bus urbano (farase a adxudicación o ano que vén), un documento do que “nada se sabe”, e esixiu ao goberno municipal máis “participación e transparencia” sobre o futuro modelo de transporte colectivo, un servizo que é “estratéxico”.

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, criticou que o goberno implementase na web municipal unha “consulta farsa” sobre o regulamento de transporte, “en pleno mes de agosto”, para “simular unha participación que non se dá”.

“Ante esta falta de iniciativa política e a deliberada opacidade coa que se está, supostamente, elaborando o prego da concesión, o BNG vai iniciar unha rolda de contactos para contar coa opinión dos colectivos (movemento veciñal, colectivos ecoloxistas, comité de empresa de Vitrasa, …)”, anunciou o edil.

Por outra banda, advertiu de que o BNG “vai esixir transparencia” ao goberno local e que informe “de inmediato” sobre o proceso de elaboración de prego. A ese respecto, propuxo a creación dunha comisión cidadá, con representación veciñal, técnica, sindical ou de colectivos ecoloxistas “para definir entre todos o novo modelo de transporte colectivo”, que debe contemplar “un novo mapa de liñas, máis e mellores frecuencias”, e que “atenda aos retos de mobilidade”. “Non podemos seguir con este modelo, non está á altura dunha cidade de 300.000 habitantes”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...