InicioPolíticaCorina Porro denuncia o "discurso de odio" do alcalde contra a Xunta

Corina Porro denuncia o “discurso de odio” do alcalde contra a Xunta

"Esta situación xa empeza a ser patética, pero non se pode seguir calando ante este 'mantra das 12'. Todos os días convócase aos medios ás 12 e, no canto do Àngelus, temos ao alcalde repetindo unha e mil veces o malos que son na Xunta e o perverso que é Feijóo", di a delegada da Xunta en Vigo.

PUBLICADO O

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, saíu este luns ao paso das críticas que, un día máis, realizou o alcalde, Abel Caballero, contra a Xunta e contra o presidente Feijóo, e denunciou o “discurso de odio” e “cheo de falsidades” do rexedor.

“Esta situación xa empeza a ser patética, pero non se pode seguir calando ante este ‘mantra das 12’. Todos os días convócase aos medios ás 12 e, no canto do Àngelus, temos ao alcalde repetindo unha e mil veces o malos que son na Xunta e o perverso que é Feijóo”, afirmou a exalcaldesa e delegada territorial do goberno galego.

Porro lamentou que “Vigo non merece políticos que estean enfrontados, en vez de estar coordinados traballando”, pero advertiu de que “tampouco se pode tolerar que se agrida a unha institución con falsidades”.

Segundo apuntou, ese “mantra das 12” de Abel Caballero é “un discurso cheo de odio e de falsidades”, como as críticas deste luns sobre a suposta intención de Feijóo de pechar o aeroporto, ou as relacionadas co transporte metropolitano, a seca ou o Plan Xeral.

“Acabouse tolerar que se digan falsidades, repetindo un discurso de odio e resentimento cara a outras institucións ou persoas”, advertiu Porro, quen subliñou que a Xunta vai responder a esas aseveracións “con datos” e “coa verdade por encima”.

Finalmente, a delegada do goberno autonómico volveu a insistir en que a súa man está “tendida” para cooperar “por Vigo”. “Ese nunca foi o meu estilo nin o vai ser, pero hai que desenmascarar esta situación, que empeza a ser inaguantable“, sentenciou.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...