InicioPolíticaO Concello de Vigo defende a talla de árbores da Gran Vía...

O Concello de Vigo defende a talla de árbores da Gran Vía por razóns de “seguridade”

O tenente de alcalde alerta do mal estado no que se atopan e acusa a Marea de Vigo de pretender ignorar os informes técnicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, defendeu a talla das árbores situadas nas beirarrúas dos extremos da Gran Vía por razóns de “seguridade” debido ao mal estado no que se atopan.

Así se pronunciou, despois de que o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, anunciase que remitirá á Comisión de peticións do Parlamento Europeo a documentación necesaria para que analice a utilización de fondos europeos para acometer a talla.

En concreto, esta actuación enmárcase nas obras que levan a cabo na vía viguesa debido á instalación de ramplas eléctricas no bulevar central.

A ese respecto, Javier Pardo remarcou que os informes dos enxeñeiros agrónomos sinalaron unha “deterioración de 11 puntos sobre 12 en cada unha das árbores analizadas”. Por esta razón, advertiu de que o seu mantemento na zona podería levar unha caída “en calquera momento”, o que ocasionaría un “problema de seguridade”.

Neste sentido, acusou a Marea de Vigo de pretender ignorar os informes técnicos e, deste xeito, “pór en risco a seguridade dos cidadáns”.

Así mesmo, o concelleiro de Fomento incidiu en que, durante os últimos mandatos, plantáronse “máis de 4.000 árbores” e avanzou que o goberno local continuará na súa liña de traballo en “defensa do medioambiente”.

Marea de Vigo instará a Bruxelas a analizar a financiación europea á talla de árbores en Gran Vía

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...