InicioPolíticaOs candidatos a reitor da UVigo pronúncianse sobre o caso Cifuentes

Os candidatos a reitor da UVigo pronúncianse sobre o caso Cifuentes

Emilio Fernández defende que as irregularidades son unha "inmensísima minoría", pero recoñece o acontecido como desmolarizante, e Manuel Reigosa pediu que isto non se utilice para desprestixiar á universidade pública.

PUBLICADO O

Ámbolos dous candidatos a reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e Emilio Fernández, referíronse á polémica suscitada polas supostas irregularidades cometidas no máster que a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, teóricamente cursara na Universidad Rey Juan Carlos.

“Véxoo con preocupación e con vergoña allea, é algo impensable nunha universidade pública”, sentenciou Manuel Reigosa. O candidato asegurou que unha situación como esa “non pasaría de ningunha maneira nunha universidade galega”.

Ademais, expresou o seu desexo de “que non se utilice isto para atizar sentimentos en contra da universidade pública”. “A universidade pública fai as cousas ben normalmente, somos rigorosos e, desde logo, non se regalan os títulos nin moito menos”, afirmou.

Pola súa parte, o outro candidato a reitor, Emilio Fernández, recoñeceu que “é moi triste para a Universidade en xeral” porque “proxéctase unha imaxe moi mala” da institución académica e “xérase desmoralización” entre os membros da comunidade universitaria.

Fernández proclamou que “na inmensísima maioría” dos miles de másteres que se imparten nas universidades públicas españolas non existen irregularidades, e sinalou que o ocorrido con Cifuentes e a Universidade Rey Juan Carlos “debe animar a extremar a precaución e os esforzos para vixiar que este tipo de prácticas non ocorran dentro das institucións”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...