InicioPolíticaAbel Caballero fachenda de "maioría absolutísima" na súa investidura como alcalde

Abel Caballero fachenda de “maioría absolutísima” na súa investidura como alcalde

O propio rexedor, como presidente da mesa de idade, foi o que proclamou o resultado da votación.

PUBLICADO O

Abel Caballero foi investido alcalde de Vigo por cuarta vez consecutiva nun pleno sen sorpresas, no que a súa candidatura recibiu o apoio de 20 edís, fronte ao único edil do BNG, os dous de Marea de Vigo e os catro concelleiros do PP (cada un dos partidos da oposición votou ao seu propio candidato).

Foi o propio rexedor, como presidente da mesa de idade, o que proclamou o resultado da votación: “Queda elixido alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez, por maioría absolutísima”.

Caballero aproveitou as súas intervencións (primeiro como candidato e logo como alcalde investido) para lembrar a gran “transformación” que experimentou Vigo baixo os seus mandatos, e para prometer que manterá as súas políticas. Así mesmo, tamén lembrou o gran apoio recibido nas urnas e a perda de votos do resto de partidos.

Pola súa banda, BNG e Marea reivindicaron unha corporación “máis democrática e plural”, na que os grupos teñan a súa voz (en alusión á posibilidade de que ambas as formacións queden integradas nun grupo mixto, por non chegar aos 3 edís); mentres que o PP apostou polo consenso “institucional, político e social” para facer unha cidade “atractiva” aos investimentos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...