InicioPolíticaPedro Sánchez participará nun mitin o 14 de maio en Vigo

Pedro Sánchez participará nun mitin o 14 de maio en Vigo

PUBLICADO O

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, participará na campaña electoral das municipais en Vigo, cun acto que terá lugar o 14 de maio, ás 19,00 horas, no pavillón de Navia, segundo avanzou este xoves o alcalde da cidade, Abel Caballero.

O rexedor socialista expresou a súa satisfacción porque o titular do Executivo e “recente gañador das eleccións xerais” elixise “estar na cidade”. “Doulle gran importancia a que elixise volver a Vigo“, proclamou Abel Caballero, quen lembrou que os votantes vigueses deron a Pedro Sánchez “o seu mellor resultado electoral de ningunha gran cidade de España”.

O alcalde fixo un chamamento aos cidadáns para que acudan ao acto do martes, onde se falará “de Vigo e do apoio que lle dá á cidade o Goberno de España, a Zona Franca e a Deputación de Pontevedra”, organismos todos dirixidos polo PSOE.

Así pois, Pedro Sánchez volve a Vigo este martes, un mes de despois da súa última visita, que se produciu en plena campaña das xerais. Queda por concretar se o líder do PSOE participará nalgún acto máis en Galicia na campaña electoral de municipais.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...