InicioPolíticaO BNG de Vigo propón crear unha renda social municipal, mellorar o...

O BNG de Vigo propón crear unha renda social municipal, mellorar o transporte urbano e impulsar a área metropolitana

Aposta por poñer en marcha un programa de microcréditos destinado a apoiar o empendemento.

PUBLICADO O

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou o programa electoral da súa formación, que inclúe a creación dunha renda social municipal compatible con axudas doutras administracións, a mellora do transporte urbano e un traballo centrado no traspaso de competencias e de financiamento para a área metropolitana.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, Xabier P. Igrexas recalcou que parte das 500 iniciativas incluídas no programa do BNG para as eleccións municipais xurdiron de encontros coa cidadanía e de achegas desta a través de redes sociais e dunha aplicación móbil.

Así, sinalou que aspira a garantir que a urbe sexa “referencial” para a súa área metropolitana, Galicia e a Eurorrexión, para o que aposta polo desenvolvemento das opcións do Eixo Atlántico e pola colaboración coas outras seis cidades galegas. Tamén incidiu na necesidade de demandar ao Estado e á Xunta que desbloqueen os investimentos na urbe, en especial, en materia de infraestruturas.

APOIO Ás MULLERES

Así mesmo, defendeu “un maior apoio ás mulleres” a través da creación de dous novos centros de atención nos barrios de Coia e O Calvario. Tamén expuxo a posibilidade de elaborar un plan de apoio para os coidados en colaboración con outras institucións.

Ante o desemprego, remarcou a necesidade de pór en marcha un programa de microcréditos destinado a apoiar o emprendemento, así como dun plan de choque contra o desemprego xuvenil.

Ademais, o candidato á Alcaldía de Vigo sinalou a súa aposta por unha fiscalidade municipal progresiva e por un rescate dos servizos públicos privatizados, en especial, os referentes á xestión da auga e o transporte urbano. Respecto deste último, incidiu na necesidade de aumentar as conexións do Hospital Álvaro Cunqueiro con distintos barrios a través de lanzadeiras e de aumentar as frecuencias de todas as liñas. CULTURA

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...