InicioPolíticaAsí queda o mapa electoral de Pontevedra e da área metropolitana de...

Así queda o mapa electoral de Pontevedra e da área metropolitana de Vigo logo do 29A

O PP queda só cunha maioría absoluta na provincia, tras perdela en 20 concellos.

PUBLICADO O

PSOE arrebatou o primeiro posto ao PP en 99 concellos de toda Galicia nos comicios celebrados este domingo 28 de abril nos que, ademais, gañou en todas as cidades e por primeira vez desbancou da súa hexemonía aos populares en toda a Comunidade.

Os resultados electorais supuxeron tamén para o PP a perda de 108 maiorías absolutas en toda Galicia con respecto aos comicios xerais de 2016, tal e como revela a análise de datos do domingo electoral realizado por Europa Press. Os de Alberto Núñez Feijóo conservan 42 maiorías absolutas en toda Galicia –pero só unha delas en Pontevedra, e o PSOE foi a forza máis votada en 25 de 61 concellos.

Así, na provincia de Pontevedra o PP perdeu a maioría absoluta en 17 concellos: Agolada, A Lama, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Silleda, Vila de Cruces, Covelo, Crecente –aínda que quedou preto–, Lalín, Forcarei, Meaño, Meis, Rodeiro, Valga e Vilanova de Arousa. Só conserva a de Dozón.

Caeu do primeiro posto noutros 20 municipios, onde os socialistas se situaron como forza máis votada: Caldas, Catoira, Cuntis, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salvaterra, Tomiño, Tui, Vigo –onde pasou a ser terceira forza política–, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Pola súa banda, En Común-Unidas Podemos do támden Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, terceira forza política en Galicia, obtivo o seu mellor resultado en Cangas do Morrazo, onde quedou a cen votos de situarse como primeira forza política.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...