InicioPolíticaEstes serán os deputadas e deputadas que representarán a Pontevedra no Congreso

Estes serán os deputadas e deputadas que representarán a Pontevedra no Congreso

PUBLICADO O

1. María Olga Alonso Suárez (PSOE) –Cotobade, 1962– aterra por primeira vez no Congreso. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Ademais, foi secretaria comarcal de UXT e edil de educación do Concello de Vigo desde 2014.

2. Guillermo Meijón Couselo (PSOE) –Pontevedra, 1958– encara a súa cuarta lexislatura como deputado nacional. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, é profesor de EGB e orientador escolar. Ademais de ser deputado no Congreso nas X, XI e XII lexislaturas. Foi tamén edil en Vigo e deputado no Parlamento galego.

3. Ángeles Marra Domínguez –Vigo, 1966– é outra das caras coñecidas que retornarán ao Grupo Socialista no Congreso. Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora de Teoría Económica na Universidade de Vigo, é edil do Concello de Vigo. Foi elixida senadora pola provincia de Pontevedra na X lexislatura.

4. Ana Pastor (PP) –Zamora, 1957– foi presidenta do Congreso durante a anterior lexislatura. Cirurxiá de formación, comezou a súa dilatada traxectoria política na Administración estatal da man de Aznar, quen a elixiu como ministra de Sanidade e Consumo entre 2002 e 2004. Entre 2011 e 2016, Rajoy recuperouna para ocupar a carteira de Fomento.

5. Diego Gago –Vigo, 1987– converterase nun dos deputados máis novos na súa estrea no Congreso. É presidente nacional de Novas Xeracións. Licenciado en Dereito Económico pola Universidade de Vigo (Uvigo), é concelleiro popular no Concello olívico desde 2015.

6.- Yolanda Díaz (En Común) –Fene, 1971– faise por terceira vez cun escano, esta vez por Pontevedra. Avogada laboralista, ocupa cargos institucionais desde o ano 2003. Deputada nas últimas dúas lexislaturas como representante de En Marea pola Coruña.

7. Beatriz Pino (Ciudadanos) –Vigo, 1975– estréase como parlamentaria. É xornalista licenciada pola Universidade Carlos III de Madrid e traballou en medios de comunicación como Telemadrid, a TVG e Antena 3. Era asesora de comunicación de Ciudadanos antes de candidata ás Cortes.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...