InicioPolíticaEn Marea, único partido que apostou por Vigo para o peche de...

En Marea, único partido que apostou por Vigo para o peche de campaña: “Votarnos é profiláctico”

Luís Villares: di que o voto a esta formación "é profiláctico: evita que o PSOE se deite con Ciudadanos".

PUBLICADO O

O portavoz de En Marea, Luís Villares, pediu este venres en Vigo a “confianza” dos galegos para que a formación teña presenza no Congreso e participe na gobernabilidade dun Estado “plurinacional”, para que defenda Galicia nas Cortes e poña coto aos partidos que, cando están sós, como o PSOE, “tiran ben cara á dereita”

Así o manifestou durante a súa intervención no mitin de peche de campaña de En Marea, celebrado no Museo do Mar de Galicia, ante unhas 200 persoas, e no que estivo acompañado polos candidatos desta formación polas catro provincias galegas.

Peche de campaña de En Marea en Vigo / Miguel Núñez.

Villares sinalou que o voto a esta formación “é profiláctico” porque “evita que o PSOE se deite con Ciudadanos” e tamén reivindicou que ese voto servirá “para dicirlle a PSOE e Podemos que ‘amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale‘”. “Cada vez que pretendan humillar a este país nuns orzamentos xerais do Estado, diremos ‘non’, sen supeditación a grupos estatais”, incidiu, en clara referencia á posición de Unidas Podemos e dos deputados de En Marea que apoiaron as contas do PSOE, apartándose da posición fixada pola dirección da formación.

A ese respecto, referiuse aos candidatos presentes no mitin, de quen proclamou: “Este si que vai ser o grupo parlamentario de En Marea, sen ataduras, sen tutelas, soberano e obedecéndovos unicamente a vós”.

Peche de campaña de En Marea en Vigo / Miguel Núñez.

“NON PASARÁN!”

Villares repasou as propostas e posicións políticas de En Marea, desde a derrogación das reformas laborais, ata a despenalización da eutanasia, pasando pola derrogación “de todas as mordazas”, a implantación dunha renda básica universal, a xustiza tributaria “sen paraísos fiscais”, unha sociedade na que mulleres non sexan “invisibilizadas” ou uns gobernantes que “desmercantilicen os servizos públicos esenciais”.

Finalmente, tras lembrar que En Marea naceu en Vigo e defender que “non renuncia á utopía” de defender os intereses da xente común, prometeu que a formación non permitirá “nin un día de goberno” da dereita. “Con En Marea non pasarán! Non pasarán o machismo, a corrupción, nin os recortes! Non pasará a dereita!“, proclamou.

Peche de campaña de En Marea en Vigo / Miguel Núñez.

CANDIDATOS

Pola súa banda, os cabezas de lista polas catro provincias recalcaron a necesidade de romper co “retroceso político” das políticas que “baleiraron” Galicia, precarizaron os empregos e obrigaron a miles de mozos a abandonar os seus fogares.

Así mesmo, rexeitaron o discurso do “voto útil” e a quen pretenden “dar leccións” cando, “nada teñen que dicir sobre Galicia”, como demostraron nos dous debates ‘a catro’. “Que non nos veñan a dar leccións sobre deputados en Galicia”, afirmou o candidato por Ourense, Iván Olmos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...