InicioPolíticaO PP acusa a Caballero de non dedicar "nin un euro" ao...

O PP acusa a Caballero de non dedicar “nin un euro” ao estudo do abastecemento de auga

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Vigo, Elena Muñoz, denunciou que os orzamentos municipais de 2019 non contemplan “nin un euro” do importe que lle corresponde achegar ao Concello de acordo co convenio que permitirá realizar un estudo sobre unha solución estrutural ao abastecemento de auga na área da cidade.

Tras un coloquio celebrado este luns en Vigo, Muñoz asegurou que o informe do interventor reflicte que a partida consignada para este ano non inclúe este gasto, polo que deberá realizarse unha modificación orzamentaria que, segundo lembrou, deberá ser levada a pleno.

Así mesmo, criticou que o alcalde, Abel Caballero, acusase á Xunta de atrasar o proxecto ao incluír modificacións no mesmo que conlevan o reinicio do procedemento administrativo e de non notificalas nin Concello nin ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, as outras dúas administracións implicadas.

Ademais, afeou a Abel Caballero que prime “os intereses do seu partido” por enriba dos dos cidadáns. As, acusouno de defender o Ministerio que, segundo apuntou Muñoz, non emitiu ata hai unhas semanas a súa conformidade respecto da proposta de acordo que lle remitiu a Xunta despois dunha reunión celebrada en outubro na que o tres administracións aceptaron a firma do convenio.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...