Comeza a carreira para as municipais de Podemos en Vigo

A lista "Vigo Pode" entra nas primarias de Podemos de cara as municipais de maio

Integrantes de Podemos en Vigo / Podemos Vigo

A lista ‘Vigo Pode’, encabezada por Xaquín Pastoriza Cerviño, presentouse este domingo para as primarias de Podemos na cidade, co obxectivo de “impulsar un cambio”, cara un “modelo de cidade máis democrático, transparente e participativo“. O tamén secretario xeral de Podemos en Vigo avogou por que a cidadanía poida “tomar decisións sobre aspectos como o urbanismo e os orzamentos municipais”.

A lista encabezada por Pastoriza, profesor de Historia, está conformada tamén por Iria Sotelo, enfermeira; Óscar Lomba, traballador do SERGAS; Noemí Pernas, contable; Óscar González, traballador inmobiliario e membro do Consello de Coordinación de Podemos Galicia, e María Isábel González, directora da escola teatral Vagalume, entre outros.

As votacións telemáticas están abertas ata o mércores 6 de febreiro ás 18,00 horas e están convocadas a participar todas as persoas inscritas en Podemos en Vigo. Os resultados publicaranse o 7 de febreiro.

A presentación produciuse no mesmo día no que o denominado Grupo de Traballo Municipal de Vigo de Podemos solicitou a “anulación inmediata” do proceso de primarias na cidade, debido á súa “invalidez”.

1 COMENTARIO

  1. ¿En que consistiu o traballo dese “grupo”? ¿Consistiu en que Rubén Pérez chupara cámara durante catro anos en Vigo? Se o candidato é epicúreo, celtista e anticapitalista e por riba é secretario xeral de PodemosVigo… entón xa non temos de que preocuparnos, estamos listos!
    https://twitter.com/xaquipas

    Pero semella que o candidato ten un problema: Participo activamente na Marea de Vigo dende os seus inicios. Son Secretario Xeral de Podemos Vigo dende novembro de 2018
    https://primariasmunicipales2019.podemos.info/candidaturas/xaquin-pastoriza-cervino/

    Parece claro o seu sometemento ao “líder da Marea de Vigo” para facilitarlle outros catro anos sen facer absolutamente NADA!

    Gostaríame saber se asume os procedementos antidemocráticos do bloqueo das contas da cidadanía nestes catro anos do voceiro da Marea de Vigo? https://flic.kr/p/2cQ4ewW

    Négome a asumir que os votos de PodemosVigo servan para aupar a EsquedaUnida

    Cal vai ser a lista definitiva ao Concello de Vigo? Precisamos claridade e transparencia !

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here