Rubén Pérez preséntase como candidato de En Marea “por un Vigo con barrios iguais en dereitos”

Domaio Protesta.
Rubén Pérez (Marea de vigo), nas protestas de Rande / Miguel Núñez

Rubén Pérez Correa, voceiro de Marea de Vigo, vén de presentar no último día de prazo os seus avais para optar a ser cabeza de lista desta formación na cidade olívica. Defendeu o seu proxecto como a dun Vigo “solidario, de dereitos sociais plenos, de democracia participativa e respecto polo tecido asociativo, de urbanismo sustentable e non especulativo, de barrios e parroquias iguais en dereitos e investimento, feminista, republicano e laica”.

Tamén deixou clara a ‘necesidade’ de que a Marea recolla a as forzas de esquerda que quedaron fóra nas elección de 2015, como Equo e Podemos. De feito, asegurou que o contacto entre formacións xa se produciu.

Todo indica que Rubén será o único candidato das Mareas para a elección do cabeza de lista, polo que sería el o candidato á alcaldía da cidade. Aínda queda elaborar o programa e configurar o resto da lista antes das eleccións municipais.

2 COMENTARIOS

  1. Non confundir “Marea de Vigo” con En Marea !!!
    O espabilado de Rubén xa se AUTOPROCLAMOU candidato e cabeza de lista da Marea de Vigo (?)
    Así que cando se chegue a un acordo para as municipais de En Marea (Villares) temos que entender que Rubén xa ten candidatura para se presentar por Marea de Vigo (?)

    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/39512-carta-aberta-marea-vigo

    Se houbera verdadeiras PRIMARIAS en Vigo este trepa non repetiría la lista electoral de En Marea !!!
    Pero está claro que a río revolto os apaña troitas sempre enchen o bolso !!!

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here