Elena Muñoz ameaza a Caballero para que resolva o conflito co Celta: “Non imos pasar nin unha”

Unha das duras entradas no derbi entre o Celta e o Deportivo xogado en Balaídos / RC Celta

Elena Muñoz, portavoz do PP na cidade olívica, xa emitiu a súa opinión ante a nova da insistencia do Celta na construción dun novo estadio, propio, a pesar das millonarias obras que se relizan desde hai tantos meses no estadio de Balaídos, un espazo municipal e pertencente por tanto á colectividade dos vigueses e non á entidade deportiva.

Muñoz asegura que desde o Partido Popular vigués van “intervir” tódalas accións do Concello con respecto ao Celta: “Non lle imos pasar ningunha, é unha situación límite”, ameaza. “A única porta que lle deixa aberta o alcalde ao Celta é a de saída da cidade”, asegura.

A voceira do PP vén de solicitar unha copia dos tres estudos que o goberno vigués encargou para avaliar a concesión do Estadio. Estes estudos estarían valorados en 100.000 euros.

Mentres, o alcalde da cidade, Abel Caballero, asegura non ter recibido ningunha carta do Celta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here