InicioPolíticaAcusan a PSOE e mareas de non ter "peso político" en Madrid...

Acusan a PSOE e mareas de non ter “peso político” en Madrid pola falla de “medidas para Galicia”

PUBLICADO O

O partido minoritario Compromiso por Galicia, a través do seu secretario xeral Piñeiro Docampo, vén de sinalar que “o nulo peso político dos deputados galegos do PSOE e de En Marea en Madrid é un freo ás potencialidades de Galicia”.

Segundo a formación galeguista, Galicia non conta para o PSOE, “que ten a súa ollada posta en Andalucía”, posto que “recentemente asistimos á firma dun compromiso entre Pedro Sánchez e Susana Díaz”.

“Moito menos para os deputados de En Marea diluídos na sopa de letras de Unidos-Podemos no Congreso, sen peso específico propio á hora de atraer investimentos para Galicia, e sen capacidade de negociación co PP, que fai a Galicia refén dos orzamentos de Rajoy, potentes en Euskadi e Canarias”, denuncian desde Compromiso por Galicia.

Para este partido, “o camiño aberto para os novos presupostos do estado no acordo entre PSOE e Unidos-Podemos, sen medidas concretas para Galicia, lexitima mais que nunca a necesidade que temos os habitantes de Galicia de apostar por forzas políticas con proxecto e idea de país”.

“O desleixo ao que someten a Galicia os deputados e deputadas que deberían representar os nosos intereses na vida política do Estado é unha indignidade da que os electores teñen que tomar apuntes”, sinalan.

Para o seu portavoz Piñeiro Docampo, “a pantomima do subgrupo dentro do grupo que representan os de En Marea, finalmente lévanos a que os galegos e galegas non pintemos nada en Madrid, mais aló dos dogmas de partido que pouco ou nada solucionan o día a día dos galegos e galegas. Reto a este grupo que de non conseguir o traspaso da AP9 e a condonación da débeda dos portos e algunha transferencia, dimitan por dignidade co País”.

O secretario xeral galeguista, Piñeiro Docampo, subliña a “inoportunidade política” que representan nesta altura os deputados galegos en Madrid, “xa que tanto os do PSOE como os de Unidos-Podemos teñen que ceder ás presións dos seus lideres que pensan máis na rúa Ferraz e na Complutense, lonxe dos intereses de país e das especificidades que nós temos como Galicia, tanto no social como no económico”.

“Se anteriormente sufriamos o desleixo dun PP, que se cre dono de Galicia, e que nunca tivo a Galicia como prioridade, agora temos de fronte a dous grupos que teñen a prioridade en soster a un goberno feble e que están atentos unicamente ao que poida acontecer en Andalucía, e que dependen do xa acordado polo PP”, denunciou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...