InicioPolíticaFeijóo sobre o “show” das luces de Caballero: “Non é admisible que...

Feijóo sobre o “show” das luces de Caballero: “Non é admisible que se fagan chirigotas dos vigueses por toda España”

O presidente da Xunta califica de “disparate” a actitude do rexidor vigués e critica que tente tapar coas luces de Nadal as súas responsabilidades no accidente do Marisquiño.

PUBLICADO O

A guerra entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde Vigo, aumenta de intensidade. O anuncio de Caballero de ter un dos mellores alumeados de Nadal do mundo non fixo máis que caldear aínda máis a tensa relación entre as dúas administracións e aumentar os reproches. Este xoves, o líder do PPdeG foi máis alá no seu ataque a Caballero. “Non é admisible que se fagan chirigotas dos vigueses por toda España”, dixo.

Feijóo referíase a un vídeo que se fixo viral e no que Caballero daba conta do alumeado de Nadal deste ano dicindo que sería un dos mellores do mundo. “Non é adminisble que se fagan chirigotas dos vigueses por platós de toda España”, insistiu.

Ademais, cualificou de “disparate” as declaracións do alcalde vigués sobre o accidente do Marisquiño. “Vai necesitar máis shows e máis bombillas para tapar a súa responsabilidade, agás que queira continuar coas chirigotas e que se rían dos galegos por España”, espetoulle.

Non comparecerá na comisión de investigación

O presidente galego fixo estas duras declaracións tras ser preguntado por se comparecerá na Comisión sobre o accidente do Marisquiño no Parlamento galego que foi aprobada grazas a abstención do seu partido. En todo caso, confirmou que non participará nesa comisión. “Eu só falo nas comisións nas que teño responsaiblidade directa como son os servizos públicos que dependen do meu goberno”, dixo.“Sobre unha licenza que dá un concello non teño posibilidade de falar”, engadiu.

E sobre os servizos de emerxencia, que dependen da Xunta?, preguntouselle. “Pois o que teño que dicir é que o seu srvizo foi esencial e fundamental para salvar aos feridos que provocou unha neglixencia que nós non causamos”, engadiu. En todo caso, confirmou que haberá cargos da Xunta que falarán nesa comisión.

Ademais, aproveitou para criticar a Caballero por acusalo de permitir esa comisión cando dixo que foi impulsada por BNG e En Marea, “que son partidos socios del en moitos concellos”. “O BNG goberna co PSOE de Abel Caballero na Deputación de Pontevedra e o seu partido tamén apoio á Marea para que goberne en varios concellos”, dixo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...