Marea de Vigo: “Temos as portas abertas a Podemos”

Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome, portavoces de Marea de Vigo/ Miguel Núñez

Podemos Vigo anunciaba este venres a súa intención de presentarse ás eleccións municipais do 2019. Apostaba por unha “gran alianza ou coalición”, como a que no seu día se presentou dentro das siglas de Marea de Vigo, pero tamén advertía que, senón é posible, pois había outras posiblidades.

Non tardou en respostar Marea de Vigo ao que máis que invitación sonou a órdago. “Acollemos como unha boa noticia a disposición de Podemos a traballar por unha alianza para as eleccións municipais”, dixo Rubén Pérez a pregunta dos medios.

O líder da marea vigues insistiu en que “hai que emendar” a ausencia da formación morada nun proxecto común e lembrou que o espazo de Marea de Vigo “xa é plural e está consolidado”. Pérez aposta pola marca En Marea para volver a repetir coalición.

“Temos boa relación con Podemos porque compartimos grupo no Congreso e proxecto en moitos concellos de Galicia. En Vigo non, pero cremos que imos emendar iso”, dixo quen tamén é membro da dirección de IU en Galicia. Con todo, deixou claro que “non hai présa” pola lista e o importante é que se peche un acordo “antes de setembro”.

“Logo queda un debate profundo sobre como Marea de Vigo, Podemos, Anova, Esquerda Unida e as forzas do cambio somos quen de facer unha correlación de forzas diferentes nas deputacións provinciais”, engadiu.

2 COMENTARIOS

  1. Rubén buscando sentarse outros catro anos no sillón?

    Ogallá NON teñamos máis cambalaches nas listas electorais para que Rubén siga outros catro anos pontificando á sombra de Abel Caballero!

    Recordaredes levamos 3 anos aturando o bloqueo da conta de twitter así como o SILENCIO máis espeso sobre as VigoDenuncias que remitimos ao Pleno do Concello !

    Marea de Vigo = prometeron e non cumpriron !!!
    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/39512-carta-aberta-marea-vigo
    Rubén pode pedirlle un cargo á súa amiga Eva Solla que ten cartos bastantes para mantelo!

    Pero que faga o favor de DEIXAR PASO a alquén que teña forza para pelexar por un Cambio Real nas políticas locais… Estamos cansos de aturar a quen só senta na silla para facer comunicados de prensa e nin siquera é quen de VISIBILIZAR a Acampada Contra a Pobreza (que leva 1 ano e 7 meses ás portas do Concello!)

  2. O problema da esquerda é que nunca está onde debera estar…

    Se alguén abriu as portas da Marea de Vigo foron precisamente os 16.000 votos de Podemos Vigo !!!
    Ou alguén pensa que ese número de votos ían para EU + Anova ?

    En 2011 a xente estaba botando abaixo as portas do Concello
    https://youtu.be/ytW5qx1Sfvg

    En 2015 ninguén soubo que existira alguén de esqueda no Pleno do Concello !
    Temos un problema moi serio con estes que queren sentar nas Institucións para VIVIR DELAS !!!
    https://i.gal/gamela05

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here