O lazo independentista catalán loce en Vigo

Concentración en Vigo para celebrar a Diada e esixir a independencia de Cataluña / Miguel Núñez.
Concentración en Vigo para celebrar a Diada e esixir a independencia de Cataluña / Miguel Núñez.

Varias ducias de persoas concentráronse este martes en Vigo para celebrar a ‘Diada’ (Día Nacional de Cataluña) e esixir a súa independencia e a liberación dos políticos encarcerados trala frustrada declaración de independencia o pasado outono.

As escaleiras do Marco (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) foron o lugar no que se citaron, ás 20.00 horas, xentes de Galicia e de Cataluña, simbolizando a unión das forzas do nacionalismo galego e catalán.

As senyeras catalás (bandeiras) e os lazos amarelos —canda a esteleira galega— tinguiron de cores e simbolos inusuais a rúa do Príncipe, onde mozos independentistas despregaron un enorme lazo amarelo e onde soou Els Segadors, o himno catalán, como peche ao acto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here