Elena Muñoz di que “traballará sen descanso” para derrotar a Abel Caballero nas municipais de 2019

Fotografía de Elena Muñoz, candidata á alcaldía de Vigo co PP
Elena Muñoz, candidata á alcaldía de Vigo co PP

A portavoz do grupo municipal e presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, prometeu “traballar sen descanso” para tentar derrotar a Abel Caballero nas municipais do vindeiro ano.  “Reafirmo o meu compromiso cos vigueses” dixo tras ser apoiada pola Xunta Local do seu partido para volver ser candidata.

“O meu compromiso e ilusión é maior ao que tiña hai tres anos e medio. Teño máis ganas que nunca”, dixo ao tempo que suliñou que “os vigueses non se merecen” un goberno municipal como o de Abel Caballero. Así, denunciou que o equipo do alcalde é “un goberno de fachada, cos pés de barro”, que “pon os seus intereses políticos por encima do interese dos cidadáns”. Fronte a isto, incidiu en que o PP vai presentar “un proxecto ilusionante” para pedir a confianza aos vigueses

A líder do PP local dixo que é “unha honra” para ela “representar ao PP e traballar polos vigueses” porque, insistiu, ten un “compromiso” con Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here