A música, baile e traxes tradicionais galegos prepáranse para conquistar O Morrazo

Baile tradicional galego/ Laura Varela

As “Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile e traxe tradicionais galegos” celebraranse do 28 de agosto ao 2 de setembro no Morrazo, organizadas pola asociación cultural Peis d’hos. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo, e desenvolvido conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña.

As xornadas inclúen unha exposición permanente do traxe tradicional galego e de instrumentos musicais tradicionais do 28 de agosto ao 2 de setembro en Bueu e Moaña.

Música tradicional galega / Borja Piñeiro

Ademais, obradoiros, charlas e conferencias nos días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro, repartidos nos concellos de Bueu e Moaña. E o gran momento da Mostra Etnográfica do Morrazo (MEM) o domingo 2 de setembro en Cangas, con pasarrúas, Desfile do Traxe en escenario con pasarela a cargo de Sete Espadelas de Pontevedra e actuacións dos grupos Cántigas e Frores de Lugo, Trébede do Morrazo e Xacarandaina da Coruña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here