InicioDeportesAspas, o salvador

Aspas, o salvador

España empata con moita dificultade contra Marrocos grazas a un gol de Iago Aspas aos 10 minutos de entrar ao campo.

PUBLICADO O

A marabilla do fútbol. Como as cousas cambian nun intre, pequenos detalles que deixan o mundo cabeza abaixo. E ese que apareceu desta vez para cambiar as tornas foi Iago Aspas, quen parecía relegado a un papel aínda máis secundario trala chegada de Fernando Hierro e co bo rendemento de Diego Costa.

Pero, de súpeto, a situación mudou radicalmente. Para el e para todo o combinado español. Foi un gol decisivo (e fermoso, de tacón) do moañés o que permitiu a España puntuar e clasificarse como primeira de grupo, polo que se medirá á anfitrioa do torneo, Rusia.

UN PARTIDO DIFÍCIL

Nin os máis pesimistas esperaban tanto sufrimento. Porque o certo é que Marrocos chegaba á cita con cero puntos, xa eliminada e xogándose nada máis que a honra. Pois non escatimaron esforzos, pelexando cada balón.

E por dúas veces estiveron por diante no marcador, esixindo a España dar o mellor de si mesma para sacar o punto. E gañaba Portugal o outro partido do grupo B. Pero un penalti cando o encontro estaba a piques de rematar, mais o tanto do arqueiro celeste, intercambiaron á ultima hora as primeiras posicións do grupo, polo que serán finalmente os lusos os que deban superar á poderosa Uruguai.

Amosou Marrocos entrega e sacrificio, así como un chisco de sorte, ao materializar case todas das poucas ocasións que tiveron, pero tamén demostraron ser un equipo atético, con xogadores altos e rápidos que tamén sabían elaborar bo fútbol cando non entregaban a España o balón.

Tivemos a posesión en ámbalas partes do encontro, pero as nosas combinacións eran moitas veces previsibles, e a muralla defensiva marroquí soportaba as xogadas de ataque sen moito apuro, exceptuando certo perigo cando era Isco o protagonista.

Selección española/ RFEF

Quedaba pouco máis dun cuarto de hora cando Aspas ingresou na cancha. Parecía pouco tempo para demostrar gran cousa, máis cando nos primeiros minutos fartouse a correr pero pese á súa vontade non tocaba balón.

Entón deu o aviso, participando en dúas grandes internadas do equipo español que puñeron de novo as cartas sobre a mesa, por se facía falta. O que a icona celeste pode aportar: electricidade e xogo en equipo.

Pero o mellor ocorreu algo despois, cando deu o gol do empate. Ao comezo non foi tal e tardou uns minutos en celebralo, por un suposto fóra de xogo que a análise do VAR negou, aínda con algunha dúbida dos comentaristas polo axustado da xogada.

Entón o partido, que ata o momento fora un bonito encontro, con esa paixón e entrega que poden atoparse nun derbi ou nun Clásico, ademais desinteresadas pola parte marroquí, converteuse nunha sucesión de escaramuzas entre varios xogadores.

Por fortuna, o árbitro deu o asubío final, e agora os deberes son para Fernando Hierro, para que analice, dentro da ledicia de ter pasado á seguinte fase, o feito de que unha selección que non se xogaba nada nos puxera contra as cordas.

Pero así é o fútbol, así é un dos mundiais máis axustados que se recordan. Mañá a Arxentina de Messi xógase pasar á seguinte fase.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...