InicioDeportesDuelo entre irmáns: España e Portugal acadan un empate no primeiro gran...

Duelo entre irmáns: España e Portugal acadan un empate no primeiro gran choque do Mundial

PUBLICADO O

O primeiro encontro oficial de España no Mundial de Rusia, vibrante de comezo a fin, resolveuse cun empate no último momento. Os de Fernando Hierro estiveron boa parte do encontro por debaixo do marcador, conseguiron remontar e poñerse por diante pero finalmente o asubío final do árbitro chegou con 3-3.

Ao término do encontro, o novo adestrador defendeu a De Gea nun mal día e deu por boas tanto a capacidade de repoñerse como o bo xogo do equipo, que non só tivo a posesión senón que foi superior en moitos aspectos do xogo, tamén en ocasións de gol. Pero Cristiano Ronaldo si tivo un día grande e materializou tres veces, nun partido no que o combinado portugués non fixo moito máis que defender con bo criterio.

O xogador do Real Madrid, co seu futuro no aire entre os problemas con Facenda e os descontentos co seu club, foi elixido mellor xogador do partido, cun gol de penalti, outro grazas a un tiro raso que sorprendeu a De Gea e un golazo limpo de falta, moitos meses despois.

Fernando Hierro, novo adestrador de España / Federación Española de Fútbol

Por España marcou dúas veces Diego Costa, amosando a súa forza nun dos seus mellores partidos coa selección, e tamén o defensa Nacho, cun gran tiro lonxano que entrou tras impactar no pau.

O combinado español demostrou bo ritmo e profesionalidade no campo, pero a sorte non estuvo do seu lado e pese a merecer máis acada un empate que sabe a gloria para os últimos campións europeos, que buscaron o perigo á contra, nos centros e a balón parado, en contraste coa maior elaboración dos nosos.

Pola súa parte, os galegos Lucas Vázquez e Iago Aspas contaron con algúns minutos ao final do encontro. O celeste chegou a efectuar un tiro a porta nada máis saír, pero lamentablemente non conectou ben co balón e chegou moi manso, sen problemas para o porteiro.

Este resultado deixa a Irán primeira de grupo e Portugal e España empatados a puntos, Marrocos última. Tanto para uns como outros será crucial gañar os próximos partidos para asegurar, cando menos, a segunda praza.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...