InicioMovementos SociaisMoaña celebra a súa primeira Festa da Diversidade: teatro, danza e música...

Moaña celebra a súa primeira Festa da Diversidade: teatro, danza e música para reclamar unha educación sexual diversa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Moaña celebrará os días 1 e 2 de xuño a primeira edición da súa Festa da Diversidade, que consistirá en diferentes actividades e actos deseñados polo colectivo de veciños e veciñas LGTB de Moaña xunto co Concello.

O Venres 1 ás 20:30 celebrarase a inauguración no parque do Concello, xunto ao banco da diversidade, un banco pintado coas cores do colectivo LGTB “co que pretendemos visibilizar e normalizar a existencia do colectivo e da diversidade afectivo-sexual“, subliñan dende a organización. Após da inauguración, no propio parque, chegará a actuación da Compañía Cisma, co espectáculo de danza “Entrenanas e Cascallos”.

O sábado 2, no parque da Xunqueira, a festa comezará ás 20:00 co espectáculo teatral “Impro-Diversa” realizado pola compañía de teatro Moito Morro Teatro, expresamente para esta festividade.

Despois do teatro tócalle o turno ao grupo vigués Broken Peach a partires das 22:00. Para rematar, a festa contará co espectáculo a cargo da Drag Queen Angélica Naia, a partires das 23:45 e por último co DJ Adrián Rios a partires das 00:30. Haberá servizo de barra o sábado 2, no Parque da Xunqueira, a cargo da A.C A Fontenla.

O Concello de Moaña defende esta festa como “unha celebración totalmente necesaria nos tempos que corren, uns tempos nos que as persoas pertencentes ao colectivo LGTB seguen a sufrir ataques e os seus dereitos son vulnerados a diario simplemente por vivir a súa vida afectivo-sexual dun xeito diferente ao que impón o heteropatriarcado”.

Cartel da Festa / Concello de Moaña

A igualdade entre persoas é unha máxima fundamental á que ningunha sociedade debe renunciar“, lembran, e polo tanto A Festa da Diversidade de Moaña tratará de ser “un gran de area para levar a todos os recunchos do noso concello a diversidade de sentir, manifestar e exercer a nosa sexualidade, tentando ser un axente normalizador neste ámbito”.

Aproveitarán este acto festivo tamén para reclamar unha educación sexual diversa nos centros de ensino, un dos lugares onde o ataque hacia a diversidade sexual “faise evidente e palpable”: “Educar en diversidade e nutrir ao colectivo LGTB de xente comprometida cos dereitos e liberdades das persoas é fundamental para loitar contra os ataques e desigualdades sociais”.

Dende o Concello de Moaña entenden que “normalizar e educar na diversidade sexual e no feminismo, como pezas fundamentais para derrubar o sistema heteropatriarcal no que vivimos, é dunha importancia maiúscula”.

E polo tanto consideran á festa da Diversidade de Moaña “unha pequena axuda que fará avanzar á sociedade, xa que a sociedade xusta que todas buscamos pasa necesariamente por respectarnos e valorarnos como persoas libres e sen sometementos”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...