InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas denuncian o incumprimento de leis de protección do patrimonio por verteduras...

Ecoloxistas denuncian o incumprimento de leis de protección do patrimonio por verteduras no exterior do punto limpo de Cangas

Censuran a "inacción" do Goberno municipal e piden abrir expedientes sancionadores aos responsables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo ecoloxista Luita Verde denunciou a “inacción” da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Concello de Cangas ante as verteduras “incontroladas” que se producen no exterior do punto limpo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo e pediu un mellor funcionamento do mesmo.

Nun comunicado, Luita Verde lamentou que se sigan producindo vertidos de mobiliario, tubaxes, electrodomésticos, colchóns, sofás ou material de baño nas inmediacións do punto limpo, a pesar de que xa no mes de outubro a asociación denunciou esta situación.

Tamén puxeron o foco en que estes restos obstaculizan, ademais, un viario forestal anexo, “incrementando así a afección” na contorna da área de Ben de Interese Cultural (BIC) da Idade de Bronce do petróglifo das Abelaires. Por todo iso, Luita Verde volveu presentar unha nova denuncia este venres, tres meses despois, ante as dúas administracións porque, ao seu xuízo, están a infrinxirse “de forma continuada” varias leis de protección de patrimonio.

Neste sentido, solicitaron a apertura dun expediente sancionador ao autor ou autores das verteduras e que se proceda á retirada dos mesmos trasladándoos ao interior do punto limpo. Tamén piden un maior control do funcionamento das instalacións para que non se repitan situacións como esta.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...