A Garda Civil localiza un punto de venda de drogas en Moaña e un cultivo en Meis

 A Garda Civil detivo a dous veciños de Cangas no marco dunha operación que culminou coa desarticulación dun importante punto de venda e distribución de drogas no municipio de Moaña.

As investigacións realizadas polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración co Posto da Garda Civil de Moaña, iniciáronse o mes de xaneiro deste ano a raíz das sospeitas que recaían sobre un bar do municipio
de Moaña, tendo en conta que todas as noticias o situaban como un punto de encontro para a venda e distribución de estupefacientes a pequena escala.

Logo dunha laboriosa actividade operativa, identificaron á persoa que estaba utilizando o bar como punto de venda de estupefacientes e contacto cos consumidores, cada vez máis asiduos.

A raíz dunha serie ininterrompida de controis encubertos sobre este local fóronse adquirindo indicios suficientes da existencia dun delito de tráfico de drogas, despois de que o equipo de investigación puidese comprobar visualmente as transaccións que se realizaban a cambio de diñeiro.

Incautación do diñeiro en Moaña/ Garda Civil

A explotación da operación, bautizada co nome de MITENSI, concluíu o pasado luns pola tarde, cando o dispositivo de vixilancia interceptou unha furgoneta a escasos metros do bar, minutos despois de efectuar unha transacción.

No interior do vehículo se atopou debaixo do asento do acompañante un envoltorio que
contiña algo máis dun quilo de cocaína (1.007 grs). O seu condutor e único ocupante, J.M.B., de 49 anos, veciño de Cangas, foi detido por un delito de tráfico de drogas.

Simultaneamente, a persoa que estaba sendo investigada intentou abandonar a zona e foi inmediatamente interceptado polo operativo que se mantiña en torno do establecemento. Ao ser interceptado intentou desfacerse de dúas bolsas que contiñan 65 gramos de cocaína, tirándoas debaixo do coche.

No interior do vehículo localizáronse tres landras de hachís e varios anacos pequenos que sumaban 38,7 gramos. O seu condutor, JM.S.V., de 36 anos e veciño de Cangas, foi detido
tamén por un delito de tráfico de drogas.

A investigación finalizou cunha entrada e rexistro no domicilio do último detido, onde interviñeron 13.208 euros en efectivo, ademais de varios teléfonos móbiles, cámaras fotográficas, tablets e outros efectos cuxa procedencia estase investigando.

As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto cos detidos, a droga e demais efectos intervidos, foron postas a disposición do Xulgado de Instrución e garda de Cangas, que decretou o ingreso preventivo dos dous arrestados no Centro Penitenciario da Lama.

PLANTACIÓN DE MARIHUANA EN MEIS

Ademais, noutra operación, efectivos da Garda Civil de Cambados detiveron a dous veciños de Meaño e Vilanova de Arousa, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, como presuntos responsables dunha plantación “indoor” de marihuana que se localizou nunha vivenda que tiñan alugada no municipio de Meis.

Os detidos son R.T.G., de 23 anos, veciño do municipio de Meaño e D.F.F., de 23 anos, con domicilio en Vilanova de Arousa. Os dous teñen antecedentes por tráfico de drogas. As investigacións iniciáronse o pasado mes de abril, cando a Garda Civil sospeitaba dunha plantación de marihuana no interior dunha vivenda situada no municipio de Meis.

As xestións realizadas polos axentes permitiron determinar que a vivenda estaba sendo
utilizada por dous mozos unicamente para fins de cultivo desta sustancia, cun consumo de electricidade que superaba notablemente ao dunha vivenda de uso residencial.

PLantación en Meis / Garda Civil

Unha vez obtidos os indicios que evidenciaban a existencia deste cultivo, o pasado luns a Garda Civil procedeu á fase de explotación da operación interceptando unha furgoneta que saíra da casa. No vehículo incautáronse 108 plantas de marihuana e procedeuse á
detención do condutor (R.T.G.).

Horas máis tarde procedíase á detención de D.F.F., cando accedía con outra furgoneta ao recinto da vivenda en Meis. Concluíu a operación coa entrada e rexistro no inmoble, no que se puido observar que todas as estancias do piso inferior estaban destinadas a esta actividade e contaban cos elementos necesarios para iso, lámpadas, extractores de aire, temporizadores de temperatura…

En total intervíronse 315 plantas de marihuana, 103 delas en avanzado estado de floración, así como útiles e produtos para o cultivo e elaboración, 2 furgonetas, 3 móbiles, unha báscula de precisión…

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here