InicioSucesosAparece máis material pirotécnico ilegal: 30 quilos en Cangas

Aparece máis material pirotécnico ilegal: 30 quilos en Cangas

PUBLICADO O

A Garda Civil investiga a un veciño de Cangas por un presunto delito de desordes públicas, ao incautarlle preto de 30 quilos de material pirotécnico sen ter ningún tipo de autorización administrativa para a súa comercialización ou tenencia.

Desde a catástrofe de Paramos aumentou o seguimento e control destes materiais, aparecendo dispositivos ilegais tanto en Gondomar fai uns días como esta fin de semana en Cangas.

Durante a mañá de onte venres, no marco dun operativo conxunto levado a cabo por efectivos da Intervención de Armas e Explosivos e do Posto Principal da Garda Civil de Cangas, este corpo de seguridade incautou preto de 30 quilos netos de artificios pirotécnicos en poder dun veciño da parroquia de Coiro, en Cangas.

Pirotecnia Cangas / Garda Civil

A maior parte do material pirotécnico intervido atopábase nunha vivenda familiar deshabitada na mesma parroquia, e o resto nunha leira anexa ao seu domicilio. Entre o material incautado hai 500 bombas de palenque, miles de petardos de “considerable potencia” e outros artigos pirotécnicos, ademais de 50 caixas con lumes artificiais preparados para utilizar. Todo o material intervido foi trasladado para a súa destrución a unha canteira da provincia que dispón de varios depósitos autorizados para o seu almacenamento.

Sen prexuízo das xestións que se están levando a cabo para determinar o volume da actividade comercial que esta persoa podería estar realizando no seu propio domicilio, a Garda Civil xa notificou a este veciño a súa condición de investigado como presunto autor dun delito de desordes públicas na súa modalidade de tenencia, depósito e comercialización de sustancias explosivas, inflamables ou incendiarias en cantidades superiores ás legalmente permitidas.

Ao mesmo tempo, foi denunciado pola suposta comisión de tres infraccións administrativas de carácter grave ao vixente Regulamento Xeneral de Artificios Pirotécnicos en concordancia coa Lei Orgánica de Seguridade Cidadá.

A Garda Civil mantén activas varias liñas de investigación na provincia para localizar os lugares de almacenamento clandestino deste tipo de material e identificar os posibles centros de comercialización ilegal.

A eficacia dos resultados das investigacións que se están levando a cabo para erradicar este tipo de actividades ilegais á vez que altamente perigosas para a poboación, pasa en moitas ocasións pola colaboración cidadá, no entendemento de que pode facerse anonimamente a través do Tlf. 062 e tamén por vía telemática utilizando o portal de Internet Colabora deste Corpo e os perfís oficiais nas redes sociais do mesmo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...