InicioSociedadeComo salvagardar os nosos animais de compañía

Como salvagardar os nosos animais de compañía

PUBLICADO O

A Sociedade Protectora de Animais do Morrazo, en coordinación co Concello de Cangas
– Concellarías de Ensino, Medio Ambiente e Servizos Sociais –, vai desenvolver unha
Campaña de Concienciación Animal nos distintos centros educativos e sociais do
municipio.

Baixo o título “Tenencia responsable de Animais de Compañía” o persoal da Sociedade Protectora de Animais pretende trasladar ao mundo educativo (alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria durante os meses de maio e xuño), a escala de valores de responsabilidade e respecto ao mundo animal.

Abandono e maltrato, importancia da identificación, obriga de levar os mesmos con correa, limpeza de excrementos, adopción… serán algún dos temas a tratar nas
nomeadas charlas coloquios de carácter socio-educativo-mediambiental, que estarán
acompañadas dunha presentación e vídeo sobre o tema. O alumnado asistente ás
charlas será agasallado con bolis, chapas e diplomas da propia asociación.

O ciclo de conferencias comezará esta mesma semana, o venres día 4 de maio de
2018, no local de Centro de Rehabilitación da Asociación DOA (Edificio Xoia) para
continuar de seguido cos distintos centros educativos interesados na vindeira semana.

Solicítase aos Centros Educativos e Sociais de Cangas que estean interesados, a fin de concretar data e hora, que se poñan en contacto coa Sociedade Protectora de Animais, co teléfono de contacto 697 523 385 (Lorena).

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...