InicioMedio Ambiente e PatrimonioHai proxecto para Cabo Udra: prevención de incendios, observatorio de aves, eliminación...

Hai proxecto para Cabo Udra: prevención de incendios, observatorio de aves, eliminación de eucalipto…

PUBLICADO O

O Concello de Bueu leva uns meses traballando na tramitación de dúas subvencións para a mellora da contorna da área de Cabo Udra, concretamente con cargo á Deputación Provincial de Pontevedra e á Rede Natura 2000, e que fará posibles diversas actuacións tanto de mantemento e acondicionamento deste espazo como de mellora da sinalización de camiños e mesmo a creación dun observatorio de aves.

Tal e como destaca Adrián Ferrer, concelleiro de medio ambiente, a Deputación facía referencia á mellora dos montes e xa se tiveron varias reunións coa directiva da Comunidade de Montes de Beluso.

Neste caso, a Deputación fará unha achega de 4049,64 €, o que supón o 70% do valor da redacción do proxecto, asumindo o Concello o restante. A subvención vai destinada á redacción dun proxecto no que figuren diversas actuacións, como a eliminación de especies alóctonas invasoras (fundamentalmente acacia negra e eucalipto), o acondicionamento da masa forestal mediante a realización de rozas e podas sanitarias, a mellora da sinalización da rede de sendeiros e camiños como medidas de prevención de incendios, implantación de pequenos pasteiros para a introdución dun gando como uso alternativo, a posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, e o acondicionamento do manancial para a construción dunha fonte.

A realización do proxecto sería con outros fondos posteriores na liña 2 da subvención de cara ao vindeiro ano ou a iniciativa da propia Comunidade de Montes. No tocante ás axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, concedeuse unha dotación de 17250,45 €, dividido en dúas anualidades, e que suporá o desbroce e adecuación de camiños, a instalación de paneis e balizas interpretativas, e a creación dun observatorio de aves.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...