Os habitantes de Ons contra a proposta de Feijóo de facela Patrimonio da Humanidade: “Que coñeza a diferencia entre illeños e colonos””

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladará ao Concello de Bueu que "todas aquelas persoas que estean en disposición de acreditar documentalmente a súa residencia na illa de Ons poderán entrar e saír libremente da mesma calquera día do ano, mesmo cando a cota de visitantes xa estea completo".

Isleños de ons © Miguel Nuñez

Os veciños da illa de Ons mantiveron unha reunión a mañá do mércores co alcalde de Vigo Abel Caballero para desbotar a candidatura de Patrimonio da Humanidade para a illa porque iso faría que o seu estilo de vida cambiara e non poderían habitar dun xeito normalizado o lugar.

María José Pérez, portavoz da Plataforma de veciños de Ons, negou que a illa onde habitan vaia a formar parte do Patrimonio da Humanidade tal e como Feijóo presentou porque “non reúne ningunha das condicións necesarias”. Invitou ao presidente da Xunta de Galicia a “buscar no dicionario a diferencia entre as palabras colonos e illeños, e saberá por que nos molesta que nos chamen iso” afirmou Pérez tras anunciar que os veciños posúen documentación probatoria de que Ons leva sendo habitada polo menos dende fai 200 anos.

A representante dos veciños de Ons reclamou o libre tránsito para as persoas que alí viven xa que a Xunta expediu un sistema de carnés intransferibles que non inclúen á familia política nin a amigos ou invitados, “polo que non podemos facer unha vida similar a de calquera outro lugar de España”, laiouse.

Pérez criticou a actuación da Xunta e reclamou que “alguén lles explique o por que da implantación e deste trato tan denigrante e que queren facer con nós e cas nosas casas”. Respecto á reunión con Caballero indicaron que a propiciaron porque queren que se saiba o seu problema “en toda España sen importar o que lles chamen”.

Por outra banda, indicou que a partir do 15 de setembro non hai limitación de tránsito na illa, ou polo menos este desaparece á hora de pedilo na páxina web, e manifestou a súa incomprensión ao respecto. Tamén denunciou o “estado de abandono” na que se atopa a illa e as limitacións de electricidade e auga que viven os veciños.

“POR FIN SE DESVELA A GRANDE MENTIRA DE FEIJÓO”

Pola súa banda,Caballero  afirma que Feijóo ocultou a postura dos habitantes de Ons á hora de sacar adiante a candidatura: “Están completamente en contra, é unha mentira gravísima porque enganaron a todos os que de boa fe levaron adiante a proposta. A primeira condición para levar adiante unha candidatura a Patrimonio da Humanidade é que os seus habitantes estean de acordo e estes non queren cambiar o seu modo de vida”, indica.

O alcalde de Vigo apuntou que a Xunta presentou a candidatura por “motivos políticos” e “sen preguntar a ninguén” en contraposición a candidatura de Cíes como Patrimonio da Humanidade presentada polo Concello. O edil explicou que Cortegada non ten unión a nivel xeolóxico coas demais illas, Sálvora ten unha zona de vertidos ao seu carón e por último en Ons os veciños non queren, “polo que por fin se desvela a grande mentira de Feijóo”.

REACCIÓNS DA XUNTA

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladará ao Concello de Bueu que “todas aquelas persoas que estean en disposición de acreditar documentalmente a súa residencia na illa de Ons poderán entrar e saír libremente da mesma calquera día do ano, mesmo cando a cota de visitantes xa estea completo”.

Segundo informou a consellería nun comunicado, os veciños poden acreditar a súa condición presentando o seu DNI (no que figure o seu domicilio na illa) no momento de embarcar, ou ben un certificado de empadroamento do Concello.

Esta información foi comunicada este mércores a todas as navieiras que ofrecen servizo de transporte ás Illas Atlánticas para garantir o libre acceso a Ons dos veciños, máis aló da cota de visitantes que fixa o Plan de Usos do Parque. Por outra banda, a Xunta lembrou que os titulares das 80 concesións existentes na illa, os seus irmáns e familiares ata o cuarto grao, teñen dereito a solicitar un carné acreditativo para entrar e saír da illa cando o desexen.

A día de hoxe, engadiu a consellería, expedíronse xa 334 carnés deste tipo, que este departamento autonómico “tramita de forma gratuíta e en cuestión de horas”. Finalmente, tamén lembrou que os titulares de dereitos concesionales teñen a posibilidade de reservar seis prazas con dereito a pasa a noite vinculadas a cada vivenda. Este trámite foi solicitado por 17 concesionarios polo que a Xunta ten reservadas unhas 200 prazas da cota xeral para os días 23 e 24, á espera de que os veciños vinculen esas reservas á compra dun billete.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here