Bueu non esquece a Johán Carballeira, pioneiro da entrevista e a reportaxe represaliado polo franquismo

Uns prestixiosos premios de poesía e xornalismo, unha asociación na súa lembranza, a estatua no centro de Bueu, agora un novo ensaio sobre a súa figura... Carballeira conseguiu acadar a eternidade a través da súa vida e obra, sempre comprometidas.

Monumento a Johán Caballeira/ Viveomorrazo.com

José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, o seu seudónimo, foi un xornalista dunha importancia capital para Galicia, introducindo no noso país xéneros xornalísticos de relevancia e participando na vida intelectual da época. Foi asasinado mais a súa figura transcende ao noso tempo.

De feito, a galería Sargadelos de Vigo (Rúa Urzáiz, 17) acolle este xoves, 21 de marzo, a partir das 20:00 horas, a presentación do libro “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira)” (Ed. Laiovento), do xornalista Francisco R. Pastoriza. No acto intervirá, ademáis do autor, Carlos Núñez, ex concelleiro vigués e membro do Instituto de Estudios Vigueses.

José Gómez de la Cueva (Vigo, 13 de febreiro de 1902 – Poio, Pontevedra, 17 de abril de 1937), coñecido polo seudónimo de Johan Carballeira, foi un xornalista e político vigués de tendencia galeguista durante a Segunda República.

Foi detido, preso no lazareto de San Simón e asasinado en Poio (A Caeira) polos franquistas durante a Guerra Civil. A trascendencia pública de José Gómez de la Cueva iniciárase unha década antes, en 1923, nas páxinas literarias de Faro de Vigo.

Nos anos 1926 y 1927 a súa sinatura aparece en dúas importantes revistas da época: na viguesa Vida Gallega e en Céltiga, voceiro da emigración galega en América. A partir de 1927, co seudónimo de “Johan Carballeira”, iniciou as súas colaboracións con El Pueblo Gallego.

Ese mesmo ano comezou a súa su amizade cos poetas e intelectuais xóvenes da Generación de Vanguardia: Rafael Dieste —redactor xefe do xornal—, Augusto Casas, Correa Calderón, Fernández Mazas, Santiso Girón, Bal y Gay… colaboradores asiduos de El Pueblo Gallego.

En 1929, entróu a formar parte da redacción, iniciando unha andaina xornalística que o converteu no periodista novo máis importante da época en Galicia. En 1929 aparece entre os fundadores da revista viguesa Gaceta de Galicia, ainda que o seu labor fundamental seguía estando en El Pueblo Gallego, onde se ocupaba das entrevistas, xénero periodístico daquela novo en Galicia e do que Carballeira foi o verdadeiro iniciador.

Merecen ser destacadas as entrevistas a Otero Pedrayo, Margarita Xirgu ou Colmeiro. Foron célebres tamén as súas reportaxes (outro xénero inusual na Galicia da época). E, igualmente, o seu nome apareceu en numerosos artigos de crítica literaria.

Pola súa banda, Francisco Rodríguez Pastoriza (Bueu-Pontevedra, 1952), autor do ensaio “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira)”  foi Profesor de Información cultural na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e do Máster de Periodismo Cultural da Universidade CEU San Pablo.

Tamén foi xornalista de TVE e adxunto ao Área de Cultura dos Servicios Informativos de esta cadena. É autor, entre outros, dos libros “Qué es la fotografía” (Lunwerg), “Periodismo cultural” (Síntesis), ou “Cultura y televisión. Una relación de conflicto (Gedisa)”.

os premios JOHÁN CARBALLEIRA

A influencia do histórico xornalista bueués foi tal que motivou os actuais premios de xornalismo Johán Carballeira, e Bueu adicoulle unha gran estatua, adornada co verso galeguista “e o día que o fondo de bondade do pobo quede ceibe, non haberá forza meirande que a súa”, en honor á ideoloxía que defendeu durante a súa vida aínda costándolle a morte, e mais a linda homenaxe ao mar “A praia / unha amante / escrava do mar: / bérralle, / zorrégalle / e vaina a bicar”.

Na súa derradeira edición, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu ten que decidir os gañadores entre cincuenta e oito traballos presentados na categoría de poesía e vinte da de xornalismo.

Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame é todo un referente a nivel galego. O gañador farase cun premio de 1.500 € en ambas categorías, amais da publicación do poemario gañador por parte da editorial Xerais.

Estes premios, que naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, tivo como gañadores na pasada edición a Daniel Asorey co poemario “Transmatria”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en Moncho Iglesias Míguez, coa reportaxe ‘Corea do Norte: a vida dese outro lado’.

O certame, que xa conta con moita historia, ten galardoado na categoría de xornalismo a persoas como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure ou Moncho Paz, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Iolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés…

Por último, pero non por iso menos importante, tamén existe a Asociación Amigos de Johán Carballeira, liderada por Salvador Rodríguez.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here