InicioMedio Ambiente e PatrimonioRehabilitan o lavadoiro da Banda do Río en Bueu: unha aposta por...

Rehabilitan o lavadoiro da Banda do Río en Bueu: unha aposta por recuperar o pasado

PUBLICADO O

O Concello de Bueu xa comezou as obras de rehabilitación do lavadoiro da Banda do Río, que contan cun orzamento de preto de 25.000 euros. Estanse acometendo por parte de Construccións Medraño, con cargo ás subvencións de rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural da Deputación de Pontevedra.

No proxecto mantivéronse as trazas compositivas existentes, utilizando materiais naturais como son a pedra e a madeira. A cuberta arranxarase a un auga con acabado en tella cerámica, a fin de potenciar a presenza do lavadoiro, e tamén se instalarán dúas lonas con fotos antigas do lavadoiro ou do entorno próximo, así como dous paneis informativos realizados con materiais resistentes ao vandalismo e a intemperie.

O obxectivo é conseguir a rexeneración do espazo, mantendo o seu carácter e empregando solucións construtivas e de deseño tradicional e orixinal, sempre tendo en conta o carácter patrimonial deste lugar.

Por iso tamén se aproveitará para instalar luminarias LED, o que permitirá un aforro enerxético. Segundo salienta o alcalde da vila, Félix Juncal, “desde o goberno local seguimos apostando pola recuperación de espazos que tiveron unha labor importante no desenvolvemento da vida cotiá, como o caso dos lavadoiros, que forman parte da arquitectura tradicional de Galicia”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...