Vinte e cinco historias que recollen o falar popular de Cela, Beluso, Ermelo e Ons

Imaxe coloreada de Ons/ Concello de Bueu

O Concello de Bueu e a Asociación Club Golfiños organizaron este venres, 5 de outubro,
a presentación do libro “Voces de Bueu. Mosaico de vivencias”.

Esta proposta recolle vinte e cinco historias, nas que se amosa o xeito de vivir e de falar nos distintos lugares deste Concello (Cela, Beluso, Ermelo e Illa de Ons), a través das cales o público poderá coñecer a singularidade e a riqueza cultural e lingüística.

O acto, que tivo lugar ás 20.30 horas na Sala de Exposicións Domínguez Búa, contou coa presenza da concelleira de normalización lingüística, Silvia Carballo, cos responsables do colectivo que levou a cabo o proxecto e con algunhas das persoas que foron gravadas e da rapazada que colaborou.

Tamén actuou o grupo de gaitas Os Xuncos, de Lalín. A edición deste traballo foi financiada polo Concello de Bueu e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here