InicioPolémica en Cangas pola Semana Santa: o Concello quere procesións e o...

Polémica en Cangas pola Semana Santa: o Concello quere procesións e o cura, négase

O pleno impulsa unha declaración institucional de apoio á Semana Santa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Non hai acordo aínda en Cangas sobre a celebración da Semana Santa e, a pesar do que se poida pensar, desta vez é un goberno de esquerdas o que quere que se celebre e a Igrexa o que o impide.  

O pleno da Corporación de Cangas, apoiado por ACE e PSdeG, aprobou unha declaración institucional en favor da Semana Santa tradicional, con procesións nas rúas, para mostrar o seu respaldo ás confrarías e o sector turístico e hostaleiro que queren lograr a declaración de Interese Turístico Nacional para a Semana Santa.

A proposta, que partiu da concelleira de Cultura e Turismo, Aurora Prieto, (afiliada a Esquerda Unida) non obtivo, pola contra, o respaldo do cura. O párroco, Severo Lobato, negouse a participar nas reunións e conta co apoio do Arcebispado de Santiago de Compostela. Con todo, a corporación insiste na súa petición. 

Nesta polémica terciou xa a institución Galicia Laica que insiste en que, tal e como recolle a Constitución Española, os municipios separen a relixión da política, nas súas actividades e funcionamento,” garantindo unha sociedade laica onde cada persoa poida ter a crenza que queira como indica o artigo 16.3″.

“Lamentamos que o Equipo de Goberno, supuestamente progresista, entregue máis poder político á Igrexa católica sen ser quen de superar as herdanzas, aínda vixentes,  do nacional catolicismo da ditadura franquista. Se os concellos ou parlamentos, lle din a unha relixión que convoque os seus ritos, acaso non poderán pensar tamén desde esas  xerarquias eclesiásticas, que iso lles lexitima para  tentar incidir nos temas políticos?”, denuncia esta plataforma.

ÚLTIMAS

Piden catro anos de prisión para dous acusados de tráfico de drogas

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para dúas persoas acusadas de tráfico de...

Roubou un coche e levou a unha nai e os seus fillos: Fiscalía solicita penas severas en Vigo

A Fiscalía solicita 16 anos e 8 meses de prisión para un home acusado...

Derrube dunha bancada en Gondomar durante un partido provoca varios feridos

No operativo participaron os profesionais de Urxencias SaniVarias persoas resultaron feridas tras ceder un muro...

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...