InicioMovementos SociaisÁrbores autóctonas para lembrar aos mortos pola Covid na residencia de Aldán

Árbores autóctonas para lembrar aos mortos pola Covid na residencia de Aldán

A asociación Vellez Digna, de familiares e usuarios de residencias de maiores planta 38 árbores e inaugura un "bosque da memoria" en lembranza dos usuarios da residencia de Aldán que faleceron durante a pandemia.

PUBLICADO O

Un bosque da memoria para non esquecer os horrores da pandemia. Deste xeito quixo lembra a asociación Vellez Digna, de familiares e usuarios de residencias de maiores , aos mortos con Covid nas residencias durante a pandemia.

Para isto, este sábado celebrou a plantación de 38 árbores, unha por cada unha das persoas falecidas na residencia de Aldán, nuns terreos cedidos pola comunidade de montes de Beluso, no límite con Aldán, e con plantas cedidas polo centro de Lourizán. No acto tamén participaron as alcaldesas de Cangas e de Moaña, Vitoria Portas e Leticia Santos. Ademais da plantación das árbores, de especies variadas, descubriuse unha placa nun monólito de pedra baixo o lema “Bosque da memoria. En memoria dos falecidos pola COVID na residencia de Aldán. Que estas árbores medren ergueitas, rexas e enraizadas na terra nai, como ou espírito das persoas que con elas son homenaxeadas. Sexan estas 38 árbores mensaxeiras do noso respecto e a nosa lembranza”.

ESPECIES AUTÓTONAS

“Hoxe queremos, con este acto, render sentida homenaxe a estas persoas arrebatadas en soidade, de súpeto e lonxe dos seus. Queremos que este bosque medre, con profundo agarimo e lembranza aos nosos seres queridos“, dixo Pepe Bernárdez , voceiro da entidade, ao tempo que dixo que seguirán insistindo para que se investigue o acontecido.

Monolito no “bosque da memoria” en lembranza dos falecidos con covid na residencia de Aldán / Asociación Vellez Digna, de familiares e usuarios de residencias de maiores

Para esta plantación seleccionáronse diferentes árbores e arbustos, para representar na súa diversidade, que todas e cada unha destas persoas “eran única e diferente”. “Escollemos especies autóctonas, que medrarán fortes, rexas e profundamente arraigadas a esta terra, como así foron os homes e mulleres que hoxe lembramos”, indicou.

Bernárdez destacou que este Bosque da Memoria debe converterse nun espazo de “lembranza, quietude, serenidade e vida, porque aqueles que nos faltan sempre viven en nós e ou recordo destas 38 persoas, latexando na cerna das árbores que os representan, permanecerá indeleble por moitos anos que pasen”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...