O funeral de Valeriano Martínez terá lugar en Bueu na tarde do venres

Era natural de Cangas pero residía nesta outra localidade do Morrazo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participaron na reunión do Comité de Expertos Económicos de Galicia. XOÁN CRESPO/XUNTA

ecenas de empregados públicos, membros do seu equipo de Facenda, cargos intermedios da Xunta e todo o Goberno autonómico, co presidente, Alberto Núñez Feijóo, á fronte, reuníronse á entrada das dependencias administrativas de San Caetano para render homenaxe nun sentido minuto de silencio ao responsable galego das contas públicas, Valeriano Martínez, falecido de forma repentina este mércores.

O longo minuto de silencio, que se prolongou durante case cinco, e no que tamén estivo presente o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, concluíu cun aplauso.As caras dos membros do Goberno e dun Feijóo, amigo persoal de Martínez, a quen coñece desde hai máis de 30 anos, reflectían a tristeza e consternación polo falecemento do conselleiro por mor dunha parada cardiorrespiratoria mentres traballaba na Xunta.

Este xoves continuaron as condolencias. Así, a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, arrincaba cunhas palabras de pésame a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, que se reuniu de forma extraordinaria para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o ano próximo.

Tamén o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, aproveitaba un acto en Vigo para reiterar as súas condolencias polo falecemento deste “servidor do público, un traballador que, desde a súa opción política, tentaba facer as cousas o mellor posible para Galicia”.

FUNERAL EN BUEU

Ademais de familiares e achegados, nas últimas horas pasaron, polo tanatorio de Bueu, para trasladar o seu pésame, membros do Executivo autonómico, co propio Feijóo á fronte, así como representantes do PSdeG –como Gonzalo Caballero– e do BNG, entre eles os deputados Noa Presas e Luís Bará.

A despedida de Valeriano Martínez, de 60 anos, casado e cun fillo, cunha traxectoria profesional sempre ligada á Administración autonómica, oficiarase cun funeral que acollerá este venres ás 18,00 horas a Igrexa de San Martiño de Bueu. Martínez, natural de Aldán, en Cangas, residía na localidade pontevedresa de Bueu. Á súa despedida acudirán, previsiblemente, numerosas autoridades galegas, como o propio presidente da Xunta.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here