InicioSociedadeO BNG pide a Goberno e Xunta que interceda polo mariñeiro de...

O BNG pide a Goberno e Xunta que interceda polo mariñeiro de Bueu retido en Iemen

Os nacionalistas denuncian o "abandono" de Exteriores e advirten da situación "extrema" que atravesa o patrón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG solicitou ao Goberno central e á Xunta que intercedan polo patrón de barco galego que se atopa retido xunto coa súa tripulación nun porto de Iemen desde finais de setembro do ano 2020. Os nacionalistas presentaron senllas iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para urxir ás administracións estatal e autonómica que “realicen as xestións necesarias” para que Pablo Costas, natural de Bueu e patrón do buque ‘Cobija’, sexa liberado.

Segundo recolle un comunicado, o Bloque censura a situación de “abandono” que, di, padece o mariñeiro galego por parte das autoridades desde que o seu barco foi retido a finais de setembro no porto iemení de Al Mukalla.

O buque ‘Cobija’ (inicialmente con bandeira de Bolivia e, máis tarde, de Somalia) arribou a este porto o 26 de setembro do ano 2020 tras recibir a autorización do Goberno de Iemen. Desde entón, permanece fondeado en Al Mukalla despois de ser acusado por Australia de pesca ilegal. O buque e a súa tripulación foron xulgados e condenados a tres meses de arresto que, segundo o BNG, xa cumpriron.

A portavoz de Pesca do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez, advirte que a situación a bordo do ‘Cobija’ é “insustentable” tras once meses de retención durante os cales, continúa, o Goberno español a través do Ministerio de Asuntos Exteriores mostrou unha “inoperatividade manifesta” limitándose a “facer chamadas telefónicas e desembararse do caso”.

A formación frontista tamén cuestiona o papel da Xunta, á que insta a realizar as xestións necesarias para conseguir a repatriación a España de Pablo Costas.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...