InicioSen categorizarManquiña e a actriz Melania Cruz animarán o festival de curtas de...

Manquiña e a actriz Melania Cruz animarán o festival de curtas de Bueu

O certame contará con aforo limitado e demais medidas anticovid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Todo listo para o inicio do Festival Internacional de Curtametraxe que terá lugar en Bueu entre o 11 e o 19 deste vindeiro mes de setembro. A décimoterceira convocatoria deste certame contará coa actriz lucense Melania Cruz, á que se lle será outorgado o maior galardón da celebración nun encontro co público que terá lugar na xornada de clausura.

Á parte, o festival contará con outros recoñecidos persoeiros do mundo do cinema, como o actor Manuel Manquiña ou o crítico Javier Tolentino, que participarán nas actividades dunha edición atípica, que será desenvolta con limitacións de aforo e “demais medidas de seguridade” para facer fronte á covid-19, segundo informan os organizadores.

Así, o encontro con Melania Cruz celebrarase o sábado día 19 na sala multiusos do Centro Social do Mar, sendo a entrada de balde. Os asistentes poderán achegarse á traxectoria vital e profesional desta actriz, gañadora de dous premios Mestre Mateo e un María Casares. Melania
Cruz ten pendente de estrea o filme ‘Ons’ e tamén protagonizou a galardoada ‘Dhogs’, ademais de participar en destacados proxectos do cine galego dos últimos tempos, como ‘María Solinha’, ‘A esmorga’, ‘Arima’ ou ‘Trote’. No entanto, segue facendo teatro e vímola en series galegas como ‘A estiba’, ‘Serramoura’ ou ‘Contou Rosalía’, na que interpretaba á ilustre poeta.

Para non romper a “constante” que, segundo os organizadores vén sendo o humor nas últimas edicións do FICBUEU, o monólogo deste ano correrá a cargo dun dos seus máximos expoñentes en Galicia, Manuel Manquiña. Con máis de trinta películas ás costas, o actor vigués fíxose coñecido a nivel estatal pola súa participación en ‘Torrente’ e ‘Airbag’, filme que lle valeu unha nominación aos Goya. Puidemos velo asemade no teatro, en programas de televisión e en series da TVG, como a aplaudida ‘Era
visto!’. O 11 de setembro, a partir das 22 horas, estará no auditorio do Centro Social do Mar para compartir as súas reflexións en ton de comedia co público, que deberá adquirir previamente unha entrada.

Outro dos sinais de identidade do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu viñan sendo os programas de radio en directo, unha das actividades que este ano quedou cancelada por mor da Covid-19. Porén, si se contará coa participación dun dos críticos radiofónicos máis relevantes do panorama estatal, Javier Tolentino, que acudirá ó certame para presentar o seu último libro, ‘Un alfabeto para Emma Suárez’, a través dunha conversa dinamizada pola actriz canguesa.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...