InicioSociedadeVigo rexistra catro novas vítimas mortais pola COVID-19

Vigo rexistra catro novas vítimas mortais pola COVID-19

O total de falecementos en Galicia alcanza os 515.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Outras tres mortes rexistradas nas últimas horas en hospitais galegos elevan a 515 as vítimas mortais que se cobrou en Galicia a crise sanitaria do coronavirus.

Fontes sanitarias informan de que faleceron unha muller de 88 anos e un home de 92 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e unha muller de 95 que estaba ingresada no tamén centro de vigués de Povisa. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Coa última actualización, o número de falecidos en atención hospitalaria ascende a 394, entre os que está unha persoa que recibía atención hospitalaria no seu domicilio.

RESIDENCIAS

En canto aos falecidos en residencias, Sanidade informou este sábado de que sobe de 116 a 121 o número de falecementos rexistrados dentro dos centros xeriátricos.

En concreto, informou de cinco mortes este sábado: unha na residencia Concepción Arenal (A Coruña), unha de DomusVi Matogrande (A Coruña), unha do centro residencial Portazgo (A Coruña), unha da residencia As Fragas (Pontedeume) e unha de DomusVi Cangas. En total, o número de falecidos en centros xeriátricos elévase, así, a 121, fronte aos 116 que se contabilizaban na pasada xornada.

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...